Tipo de Establecimento: Compras » Deportes (roupa e calzado)
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: info@marathonrs.com
.
Marathón Running Shop.
Especialistas en running.
A nosa historia comenzou en 1.996 coa primeira tenda en Carral. Dende entón o que nos caracterizou foron os catro conceptos que consideramos esenciais: As mellores marcas, Coñecemento técnico de cada zapatilla, Asesoramento persoal atendendo ás características do cliente, e Prezos competitivos.
Agás excepcións, non existe unha mala zapatilla, pero sí unha mala escolla. É fundamental que o corredor sexa consciente das súas particularidades, que van desde o tipo de pisada, forma do pé, biomecánica, variedade de adestramento etc. Marchas rápidas ou de resistencia, adestramento ou competición, superficie de asfalto, pista ou terra, zapatilla neutra supinadora ou pronadora, tirada quilométrica cotiá, problemas musculares ou de articulacións previos... todos son factores a analizar.
A xente obsesiónase cun modelo determinado porque pensa que é bonito ou alguén llo aconsellou, pero non están feitas para o que busca. Nós preguntámoslles cál é o seu obxectivo, cánto van correr...
Empregamos unha media de trinta minutos en vender unha boa zapatilla. A xente corre pola tenda para probalas, é básico. Estamos en contacto con podólogos. En certa forma somos como unha consulta e derivamos a outros especialistas.
Nós tratamos igual a quen fai dos minutos e pico o quilómetro como a quen emprega oito. A todos lles pedimos que nos den datos como o peso, as metas que queren acadar, o ritmo de carreira que van seguir... Por Marathón RS veñen desde atletas que van a probas moi duras de máis de 100 kilómetros ou maratonianos a aficionados.
Web: https://www.marathonrs.com/
Facebook: Marathon-running-shop
Instagram: marathonrunningshop/
_ Running en Coruña. Marathon Coruña
De luns a sábado
de 10:30 a 14:00 e de 15:00 a 21:00 h