Tipo de Establecimento: Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores » Fisioterapia. Podoloxía. Ortopedia. Maiores. Outros...
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: podoadvance@hotmail.com
.
Clínica Podoadvance abre as súas portas no ano 2014, formada por un grupo de podólogos para dar unha maior calidade no servizo ao paciente e sempre en continua actualización. A clínica está rexistrada e regulada por sanidade para poder realizar todo tipo de tratamentos podolóxicos e de cirurxía. Está rexistrada co certificado de inscrición de centros sanitarios co número C-15- 003435.
O noso obxectivo principal é previr calquera patoloxía presente ou futura que se poida desencadear nos seus pés. Para iso dispoñemos da última tecnoloxía, ofrecendo así un diagnóstico e tratamento máis eficaz a cada paciente, sen descoidar a comodidade mentres estea connosco.
Sala 1. Taller de ortopodoloxía.
Confeccionamos as orteses plantares (soletas a medida) para que o seu tratamento sexa o axeitado ao seu pé e a súa patoloxía.
Sala2. Sala de exploración biomecánica.
Relizamos un estudio da súa marcha, tanto en estática como en dinámica, nunha sala que conta con toda a tecnoloxía.
Sala3. Sala de Podoloxía xeral.
Quiropodias. Verrugas plantares. Uñas incarnadas
Non dubide en visitarnos e clarexaremos calquera pregunta que teña.
De luns a venres
de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h
Sábados de 10:00 a 13:00 h