E-distrito

FÓRUM METROPOLITANO.

Tipo de Establecimento: Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes » Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases)

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: forum@coruna.es

.

  O Fórum Metropolitano é un centro de servizos integrados no que están situadas unidades que prestan servizos culturais e educativos (biblioteca, cines, auditorio, centro de información xuvenil) xunto con unidades que prestan servizos sociais de carácter autónomo (centro de actividades sociais) e servizos administrativos (rexistro, información municipal e policía municipal).

  O Fórum Metropolitano pódese definir como unha instalación municipal para a xestión administrativa, para a acción social, con incidencia no ámbito sociocultural e cun carácter polivalente que integra unha pluralidade de servizos que procuran cubrir necesidades de individuos, familias e grupos sociais da súa zona de influencia (colectivos do barrio) e da cidade, en xeral, facilitar a convivencia e interacción de persoas de diferente formación, afeccións e intereses (integrador da diversidade) e propiciar a cooperación de asociacións e axentes interesados nunha mesma dinámica (integrador do tecido social).

  O Fórum Metropolitano dispón de Centro de Actividades sociais e aulas, Cine, Auditorio, Biblioteca, Aula Virtual, Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e Xanela municipal.

  https://www.coruna.gal/cmix/

Enderezo

  • Rúa Río Monelos 1
  • 15006 A Coruña
  • Teléfono: 981 184 293
  • E-mail: forum@coruna.es

Horario de Atención

Luns a venres de 08.00 h a 21.00 h. 
Sábado de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h.

Desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro (ambos incluídos):

De luns a venres de 08.00 h a 21.00 h. 
Sábados de 09.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados