Tipo de Establecimento: Compras » Perfumaría, Cosmética, Drogaría...
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: hello@castroseis.com
Regalos - Decoración - Bolsos e accesorios - Fragancias e cosmética - Libros e papelería - Arte...
Castro 6, benvido a casa.
Hai proxectos que están a esperar a ser creados. Existen xa, pero só algúns saben que son para eles. Arturo Muñoz e Francisco Frias atoparon o seu a mediados de 2018.
Con anos de experiencia ás súas costas no mundo do interiorismo, a xestión empresarial e a moda, non o pensaron dúas veces cando apareceu a súa oportunidade e puxéronse mans á obra para materializar unha idea: concibir un lugar no que poder ofrecer produtos novos, obxectos exclusivos e marcas de difícil acceso que, estaban seguros, sorprenderían a todo aquel que os visitase.
O seu enfoque centrouse tamén en descubrir e ofrecer o traballo dunha selección de artistas emerxentes cunha obra alcanzable que puidese funcionar tanto de maneira individual como colectiva, para poder axudar aos seus clientes para formar unha colección.
Pouco a pouco a selección de produto foi dando forma á ienda que hoxe coñecemos, un singular concept store no que conviven á perfección a decoración do fogar e o deseño, incluíndo pezas de HAY, Ferm Living, Moebe ou Fundamental Berlin, cos bolsos de BAGGU e os accesorios de Monograph, só por citar algunhas das marcas destacadas.
A librería é outro dos puntos fortes do espazo, con títulos de Taschen, Rizzoli e Phaidon para seducir aos fans das tendencias e a imaxe. Os amantes dos cans teñen tamén a súa oferta coa colección ao completo de The Painter’s Wife.
Por último, non podemos deixar de mencionar unha das súas seccións estrela, a perfumería e cosmética, cunha coidada selección de marcas que van de Austin & Austin a Laboratorio Olfattivo, pasando por Claus Porto ou Heeley.
En setembro de 2018 Castro 6 abriu as súas portas cunha oferta de lifestyle fresca e vibrante en constante cambio. Un gabinete de curiosidades cunha selección cercana e sofisticada. Un espazo que reflexa o bo gusto dos seus fundadores e que é, en definitiva, un convite a sentirse como na casa.
Benvidos. https://castroseis.com
De luns a sábado
de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h