E-distrito

Origym

Tipo de Establecimento: Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes » Ximnasios. Ioga. Pilates

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: origymcoruna@gmail.com

.

  Benvidos ao centro de adestramento que respecta ás túas orixes. Origym é un método de adestramento funcional propio cunha vista atrás cos coñecementos do presente. Traballamos os movementos dende a base e dende as nosas orixes, o que nos leva a desenvolver sesións de adestramento periodizados. 

  Origym traballa cos patróns naturais humanos que aplicamos á nosa metodoloxía de traballo onde adaptamos un entorno natural a un centro Indoor. Plasmar esas orixes coas novas tecnoloxías, novas ferramentas e novos métodos de traballo, compleméntanos e axuda a continuar crecendo mantendo a nosa base intacta.

   A nosa filosofía baséase nun concepto de saúde sinxelo: «O movemento que respecta os teus xenes».

   En Origym traballamos os patróns de movementos básicos con elementos e sen eles, onde englobamos de xeito periodizado a resistencia, a forza, a potencia, aa estabilidade e a movilidade dando como resultado esta metodoloxía de traballo.

   En 2018 abrimos as portas de Origym con Jose Poncela como responsable do centro, ao que se uniu recentemente Daniel Sabin; xuntos formamos o equipo Origym. Ambos profesionais, con máis de 15 anos de experiencia no sector do deporte, estamos especializados en adestramento funcional, adestramento de forza e adestramentos interválicos.

  Web: http://www.origym.es/

  Facebook: https://www.facebook.com/

Enderezo

  • Rúa Ángel Rebollo 56
  • 15002 A Coruña
    • E-mail: origymcoruna@gmail.com

    Horario de Atención


    Voltar á páxina anterior

    Parking Mallos
    Parking Mallos

    Relacionados