Tipo de Establecimento: Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes » Tatuaxes
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: blackmambacoruna@gmail.com
.
Benvidos a Black Mamba Tattoo & Remove.
As tatuaxes nunca foron tan populares como agora. Se estás lendo isto, cicais estés pensando en facerte un, ou simplemente tes curiosidade por saber como se fan as tatuaxes. Pois estás no lugar axeitado.
Un de cada oito habitantes do planeta ten ao menos unha tatuaxe. Iso equivale a casi 1.000 millóns de persoas. Unha locura, verdade?
O estudio conta cunha espaciosa cabina, unha gran sala principal onde se atopa o noso espazo de deseño e unha sala de espera ampla, con acceso á office.
Convidámoste a coñecer Black Mamba Tattoo & Remove!
Queres quitarte as túas vellas tatuaxes? En Back Mamba Tattoo & Remove somos expertos na eliminación de tatuaxes.
As tatuaxes xa non son para toda a vida! Borra o teu tattoo por completo. Coa mellor tecnoloxía e asesoramento. Merca o teu BONO e lévate unha sesión GRATIS
Ao realizar unha tatuaxe introdúcense partículas de pigmento de tinta baixo a pel. Para poder eliminar unha tatuaxe, a nosa tecnoloxía láser xera pulsos de enerxía cunha lonxitude de onda específica, que só actúa sobre as partículas de pigmento de tinta. Éstas absorben a enerxía e estoupan, fragmentándose en outras dun tamaño moito máis pequeno e disolvéndose, conservando a pel intacta.
Trátase dun procedemento seguro para a pel, sinxelo e eficaz. Na maioría dos casos, para eliminar unha tatuaxe son necesarias entre 4 e 9 sesións, quedando así casi invisible ou en moitos casos eliminado por completo. Ofrecemos a posibilidade de eliminar ou tapar o teu tattoo cos nosos bonos de borrado con láser sen que supoña un imposible para o teu peto.
Tamén realizamos covers, axustados ao prezo e co mellor resultado para o cliente.
De martes a venres
de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h
Sábados de 11:00 a 13:30 h