E-distrito

Casa Consuelo

Tipo de Establecimento: Sector ecolóxico e vexetariano. Produtos sustentables. » Produtos sostibles

Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: casaconsuelo64@gmail.com

  Casa Consuelo.

  Panadería, froitaría e máis...

  A nosa filosofía é a potenciación das políticas sustentables e polo tanto dos produtos de proximidade. Mercando produtos de proximidade asegurámonos unha maior calidade xa que se trata de produtos frescos sen maduración en almacéns; somos menos invasivos co planeta porque non é un comercio baseado nas longas distancias e non conleva tanta contaminación en transporte e procesos; e xeramos riqueza que repercute no noso entorno.

  Acudimos diariamente ao mercado en busca de calidade, cercanía e baixo impacto ecolóxico. Prestámoslle especial atención aos produtos artesanais.

  Panadería. 
  Masa nai. Forno de leña. Pans de semente. Pans especiais de chía, quinoa, de malta, centeo, espelta...

  Patacas e legumes.
  Legumes do país de moi alta calidade. Patacas de Coristanco.

  Ovos e lácteos.
  Ovos campeiros. Queixos artesáns. Queixo Mouro da Capela (Medalla de Ouro World Cheese 2018-19)

  Outros.
  Conservas. Bacallau. Froitos secos, torrados, sen sal... Froitas deshidratadas. Especias a granel. Fariña de millo, centeo, espelta... Sementes a granel

  Produtos estacionais según a data do ano.
  Opcións sen gluten.

Enderezo

  • Rúa Orillamar 64
  • 15002 A Coruña
  • Teléfono: 981 79 54 13
  • E-mail: casaconsuelo64@gmail.com

Horario de Atención

De luns a venres

de 09:00 a 15:00 e de 17:30 a 21:00 h

Sábado de 09 a 15:00 h


Voltar á páxina anterior

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados