Tipo de Establecimento: Sector ecolóxico e vexetariano. Produtos sustentables. » Produtos sostibles
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: puravidaecocentro@gmail.com
.
Pura Vida Ecocentro.
Baseamos a nosa filosofía en tres piares: o mercado ecolóxico, o comercio xusto e os produtos de proximidade.
En Pura Vida preocúpanos tanto o medio ambiente como os dereitos das persoas e tentamos outorgar ao comercio xusto un lugar preferente na nosa tenda. Tamén somos moi conscientes do daniños que son tanto para o planeta -aumento da contaminación por combustible- como para a calidade dos produtos -maduración en cisternas- os procedementos globalizadores de venda a grandes distancias. Por iso, apostamos pola produción de proximidade e en tempada.
En Pura vida poderás atopar bebidas vexetais, mueslis, cafés, chocolates, cacaos, salsas, pastas, especias, hamburguesas vexetais, yoghures de soia, queixos veganos, seitán, tofu, tahín, hummus, arroz, cremas, pans, fariñas, algas, aceites...
Por outra banda temos moda sostible.
Traballamos cos vaqueiros Xiro (ecojeans made in Galicia), e con outras marcas de algodón orgánico reciclado.
En básicos temos camisetas básicas de comercio xusto con especial atención a marcas galegas como Mandacarú (de Pontevedra) que realizan o diseño e a serigrafía.
Do mesmo xeito, atoparás camisetas, leggins e moda íntima. Outra das nosas marcas é Mari Puri Tijeritas -moda íntima eco procedente de Donostia-.
E estacionalmente achegamos á tenda outras coleccións que tamén comparten a nosa filosofía.
Mantémoste informad@ en Facebook. Preme no Gústame:
facebook.com/Pura-Vida-Ecocentro
De luns a venres
de 10:30 a 14:30 e de 17:30 a 21:00 h
Sábados de 11:00 a 14:00 h