Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: ben.atlantik@gmail.com
Atlantik English ofrece clases de inglés e español para estranxeiros. As clases poden ser individuais ou en grupo e organízanse en distintos niveis de uso do idioma. Xunto coa matrícula ofrécese unha proba de nivel gratuíta ao alumno. Os grupos de nenos contarán cun máximo de sete alumnos e os grupos de adultos dun máximo de oito.
O noso persoal docente conta cunha amplísima experiencia na preparación de exames oficiais da Universidade de Cambridge (KET, PET, FCE, CAE, CPE). Ofrecemos clases específicas.
Contamos cun completo servizo de tradución e interpretación. Entre os nosos clientes atópase a casa do Duque de Westminster para quen realizamos frecuentes traballos de interpretación en Ciudad Real entre 2008-2011.
Realizamos igualmente Cursos de inmersión lingüística tanto para nenos como para adultos na cidade natal dos socios Ben e Oliver, Chester, preto de Liverpool. Inclúen unha oferta de destino adicional na atractiva cidade de Shrewsbury.
Tamén desde o verán de 2011, a academia creou o concepto "Surfin´English". Esta combinación entre a práctica do surf e do inglés está dirixida a todas as idades e é unha iniciativa conxunta de Atlantik e Prado Surf Escola. Nas clases o único idioma é o inglés e impártense coñecementos teóricos e prácticos a cargo de monitores titulados. A actividade tamén se ofrece de maneira intensiva durante o verán no noso formato “Surfin’English Summer Camp”.
Horario de información
de 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:30 h
(luns a venres)