Tipo de Establecimento: Legal / Avogados / Xestoría/ Asesorías / Seguros. » Avogados. Xestorías. Asesorías. Seguros
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: acouga@acouga.net
Nota de edición: Esta asociación estaba localizada anteriormente na Coruña e cambiou a seu enderezo a Bergondo
__
ACOUGA, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios, dende febreiro de 2014.
Unha entidade que nace para representar os intereses dos consumidores e usuarios galegos. Consciente de que os principais problemas de consumo, dende unha perspectiva político-social, abrollan non só no eido bancario financeiro, senón tamén nos sectores asegurador, enerxético e das telecomunicacións, ámbitos nos que os consumidores e usuarios viven desprotexidos, por se tratar de sectores regulados nos que os operadores empresariais tentan actuar dando as custas á regulación vixente e ignorando os dereitos dos usuarios, a nosa asociación, ACOUGA, terá por obxectivo defender e representar os intereses dos nosos cidadáns.
ACOUGA nace dende a pluralidade, a transversalidade social e o apartidismo, máis nunca dende un apoliticismo cómplice. Porque só unha cidadanía consciente constitúe unha poboación formada nos seus dereitos como consumidores e usuarios. Porque, para sermos consumidores e usuari@s galegos temos que ser, por riba de todo, cidadáns e cidadás de este país.
Porén, dende a definición desta opción cívica, tentaremos ofrecer a meirande calidade técnica na nosa provisión de servizos, nas nosas análises e nas nosas propostas as Administracións Públicas e á sociedade civil. Cos compromisos de defender os intereses dos consumidores e usuarios galegos.
Web: http://acouga.net
Inverno.
De luns a xoves de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h
Venres de 08:00 a 15:00 h
Verán. (Do 10 ao 31-07 e do 01 ao 16-09).
De luns a venres de 08:00 a 15:00 h
Agosto. De luns a venres de 10:00 a 14:00 h