Tipo de Establecimento: Ensino. Clases » Clases de música y baile
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: pilreygon@yahoo.es
Estudio de Danza Danzade nace en 2010 para ofrecer ensinanzas oficiais tanto en Danza como en Pilates.
Eiquí podes ver as especialidades que se imparten no noso centro:
Ballet: clases preparatorias para os exames da RAD (Royal Academy of Dance) de todos os niveis dende Preprimary (4 anos) ata Advanced 2 (último curso).
Pilates: Danzade como Delegación galega da Federación Española de Pilates ofrece tanto clases como cursos para ser instructor de Pilates.
E tamén:
Danza Jazz: disciplina que mestura a técnica da danza cos pasos e música máis actuais.
Hip Hop: Danzas urbanas. Historia e correntes de este estilo. Móvete como o fan nas rúas de New York.
Latin Jazz: Mestura a técnica con ritmos latinos. O teu estilo de baile se che gosta a música latina e queres aprender a base da danza moderna.
Ioga: Controla corpo e mente. Con esta disciplina oriental mellorarás a túa capacidade de concentración e relaxación, ademais da postura corporal.
Bailes de salón. Tanto se tes parella como se non, con esta disciplina aprenderás pasodoble, merengue, cha cha cha, mambo, swing ou tango...
Sevillanas: Baile folclórico máis coñecido de España, aprende a moverte con galanteo e graza.
Zumba: De orixe colombiano, enfocado a manter un corpo saudable e a desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade mediante movementos de baile combinados con rutinas aeróbicas utilizando a salsa, cumbia, merengue, reggaetón e samba.
E Danzart. Un pequeno campamento urbano de verán para os máis pequenos que dura todo o mes de xullo e que inclúe obradoiros coreográficos, artísticos, e saídas a museos, piscina e ao Aquapark.
De luns a venres
de 10:00 a 22:00 h
Sábados de 10:00 h a 14:00 h