Tipo de Establecimento: Hostelería. Alimentación. Música, salas, material » Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros
Se desexa información sobre este establecemento, asesoramento sobre os seus productos, ou plantexar preguntas sobre os mesmos, escriba ao enderezo de correo electrónico: clientes.adegaobebedeiro@gmail.com
Nota de edición: Establecemento temporalmente pechado. Os propietarios anunciaron a apertura sen data noutra ubicación.
_______
A adega-restaurante O´Bebedeiro abriu as súas portas a principios de 1979 comezando os seus primeiros anos como mesón, fusionando o bo facer na cociña cun trato excelente. A adega foi evolucionando ata o que é hoxe en dia: un acolledor Mesón-Restaurante cunha cociña tradicional e á vez innovadora e diferente.
No ano 2009 celebramos o 30 aniversario e esperamos dar aos nosos clientes e amigos outros 30 anos de bos momentos ao redor dunha mesa. Dende a experiencia e cunha nova xeración á fronte pretendemos sempre facer dos nosos clientes os nosos mellores emisarios, e compracémonos cada día da resposta que nos brindan.
_ Restaurantes na Coruña
En O´Bebedeiro esforzámonos en que cada prato sexa único e en que a experiencia no noso establecemento sexa un recordo entrañable, conxunción dun coidado entorno, ambiente selecto, esmerado servizo e sabor singular. Tamén pensamos que a calidade non ten porque ser necesariamente elitista, polo que mantemos unha formidable relación calidade-prezo.
A nosa carta e prezos:
Web: http://www.adegaobebedeiro.com
Mail: clientes.adegaobebedeiro@gmail.com
Reserva: 981 21 06 09
De 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 00:00 horas
Pechado domingos pola noite e luns.