E-distrito

A Coruña. Información.

Datos históricos

[Change the language by clicking on the flags (Home)]

.

   Cronoloxía.

.

S. ... - II a.C

   O referente máis antigo da Coruña parte da máis que probable identificación da cidade coa “Brigantium” que Ptolomeo menciona no século II d.C. O propio topónimo, formalmente romano, deriva da palabra de orixe celta “Briga” (cidade, fortaleza) que tería una evolución xermánica paralela na forma “burg-”, co mesmo significado e que tan presente se fai en Galicia. De feito, serían os ártabros, tribu tamén de orixe celta, os poboadores de toda a zona correpondente á ría do Burgo ata a ría de Ferrol.
   A Coruña asentouse sobre a elevación da cidade vella -antiga cidade alta- e a lingua que a unía coa terra firme; un istmo sobre o que se levantou a zona que posteriormente se denominaría “A Pescadería” pola gran cantidade de residentes vencellados ás actividades portuarias.


S. I a.C – IV d.C

   Foron de feito os romanos, asentados na cidade a partires do século I a.C., quen crearon o porto e fixaron un periodo de crecemento poboacional e comercial. Esta etapa ten unha especial repercusión histórica ao marcar a latinización cultural, lingüística e idiosincrásica, que non obstante mantería un forte compoñente castrexo ou celta.

   En torno á finais do século I d.C e principios do s. II , baixo mandato do emperador Trajano, se acomete a construcción da Torre de Hércules.  


S. IV - XII

   Coa caída do Imperio Romano e as incursións de diferentes pobos noreuropeos, a poboación trasládase á zona interior da ría do Burgo, máis resgardada e con máis efectivas posibilidades de defensa, tomando o nome de “Burgo do Faro”. No emplazamento da Coruña só permanecen pequenos grupos illados de mariñeiros e labregos.

   Normandos e principalmente viquingos inflixen ataques importantes, mentres que a invasión árabe pasa prácticamente desapercibida.

   No 991 o rei de Galicia e León, Vermudo II, erixe unha estructura militar preto da Torre de Hércules, entregando potestade sobre a vila ao bispo de Santiago a cambio de que éste asuma os gastos derivados da defensa.


S. XIII - XV

   O 1 de xuño de 1208, Alfonso IX (re)funda “Crunia” como porto de pertenza directa no Foro de Benavente, recuperando aos seus habitantes dende O Burgo. A posterior prerrogativa para vender sal sen pagar impostos, a concesión do título de cidade en 1446, a autorización para o libre comercio con Inglaterra a mediados do século XV, e outras exencións impositivas, contribuen a proporcionar un gran desenvolvemento en base ao rápido incremento do comercio marítimo.


S. XVI

   Carlos V de Alemaña e I de España celebra Cortes na cidade en 1520, e sae da mesma cara a Alemaña para ser proclamado emperador. É concedida a Casa da Especiaría para a distribución de especias por toda Europa. 

   En 1588 Felipe II ordea atacar Inglaterra co fin de expulsar do trono a Isabel I. A “Armada Invencible” como a denominaron os ingleses ou “”Grande y felicísima Armada” en palabras de Felipe II, parte do porto hacia o desastre meteorolóxico no Canal da Mancha que fará afundir á cuarta parte das naves e abortar a operación. 

   O ano seguinte A Coruña é castigada pola “Invencible Inglesa” comandada polo Almirante Francis Drake que saquea a cidade en medio dunha forte oposición local que consigue non só defendela senón tamén inflixir 1.300 baixas á escuadra inglesa. Nesta batalla nace o mito da defensa heroica da cidade por parte de María Pita. Segundo a tradición tería matado a un alférez inglés coa espada do seu marido morto e ao berro de “Quen teña honra que me siga”, o que desmoralizaría e provocaría a retirada das tropas invasoras.


S. XVII – XVIII

   O periodo de guerras continuadas da monarquía española (entre elas a Guerra dos Oitenta anos ou a Guerra de Sucesión) repercute moi negativamente tanto a nivel económico coa subida de impostos para costear as mesmas como social polos efectos do reclutamento.

   A recuperación tarda en comezar ata a segunda metade do século XVIII co intercambio portuario producido coas cidades do centro e sur de América, en algúns casos como La Habana exclusivo na Península Ibérica. O comercio naval, potenciado pola chegada de comerciantes vascos e cataláns de gran experiencia, outorga ao tráfico de mercancias un estímulo de gran calado e á vez un novo gran aumento poboacional.


S. XIX

   O século XIX configura unha lenta industrialización que empeza coa creación da Fábrica Nacional de Cigarros á que, en diante, acompañan outras de diferentes sectores. Xa a finais do mesmo emerxen novas industrias, refinerías e entidades bancarias. 

BATALLA DA CORUÑA.

   Durante a Guerra de Independencia, en xaneiro de 1.809, con 16.000 soldados en cada bando, bátense o exército francés e o británico, forzado a repeler os ataques para poder retirarse na que é coñecida como Batalla da Coruña ou Batalla de Elviña. Pese á victoria dos primeiros, as tropas do Xeneral John Moore acadaron o seu obxectivo de embarcar cara a Inglaterra, pese a que éste perdeu a vida na contenda. A entrada en España do exército de Napoleón desencadenara a fuxida dos rexementos de Moore coa finalidade de retirarse, xa dende terras casteláns, co menor número de baixas posibles -chegaran coa misión de apoiar ao exército español pero éste xe se tiña rendido-. Desta forma, o Xeneral francés Soult non lograra aproveitarse dunha situación favorable. 

   [A tumba de Moore pode visitarse nos xardíns de San Carlos, na cidade vella].

APOXEO DO LIBERALISMO E REPRESIÓN:

- Sinforiano López, cabeza máis visible da resistencia contra os franceses, é aforcado o 13 de abril de 1815. O cambio ao réxime absolutista (1814) de Fernando VII trouxera unha dura represión dos sectores liberais.
- Juan Díaz Porlier, cinco meses despois (xa estivera confinado no Castelo de San Antón) organiza un levantamento a prol da Constitución de Cádiz na que xunto aos batallóns sublevados marcha cara a Santiago, pero é traizoado e capturado en Ordes. Recluído primeiro en Santiago e despois na Coruña é condeado a morte, conducido ata o Campo da Leña (hoxe Praza de España) e igualmente aforcado o 23 de outubro.

- 1820. A cidade súmase, ao igual que Vigo e Ferrol, á proclama constitucionalista de Rafael de Riego vivindo o “Trienio Liberal” e sufrindo ao seu remate o asedio e conquista por parte dos chamados “Cien Mil Hijos de San Luis”, exército francés que acudira en defensa do rei de España, Fernando VII para reinstaurar o absolutismo.


S. XX

GALEGUISMO.

   A “Libraría Regional” de Uxío Carré Aldao, frecuentada por Lugrís Freire, Eduardo Pondal, ou Manuel Murguía, convértese no epicentro da actividade cultural, e impulsadora do “Rexurdimento” xa presente dende o século anterior.

   O 30 de setembro de 1906 é constituída a Real Academia Galega, presidida por Murguía.

   En 1916 créanse as “Irmandades da Fala”, que de seguido se expanden tamén a Santiago, Monforte, Pontevedra, Ourense... A organización nacionalista defende o ingreso de Galicia na Liga das Nacións, a cooficialidade do galego, a autonomía integral e un réxime tributario propio.

   A ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) nace igualmente na Coruña -en 1929- como partido político republicano e galeguista coa participación das Irmandades. Nas eleccións de 1931 convértese no primeiro partido de Galicia. 

   Cando aparecen as disensións internas, todo o sector galeguista abandona a organización para fundar o Partido Galeguista. Nas eleccións xerais de 1936, unido ao Fronte Popular, son elixidos no PG Castelao por Pontevedra, e Suárez Picallo e Vilar Ponte pola Coruña.

   No plebiscito para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de xuño de 1936, impulsado fundamentalmente polo Partido Galeguista, os votos a favor sumaron o 99´24% da participación (que rondou o 75%). Malia todo, o Estatuto nunca chegou a ser aprobado. O 18 de xullo iniciábase a Guerra Civil Española.

GUERRA CIVIL E DICTADURA.

   Pese a que Galicia foi dende os comezos territorio tomado polo bando golpista, a represión sobre a poboación civil acadou cotas máximas.

   Dende o estoupido da guerra ata o ano seguinte, centos de persoas acusados de sindicalistas, esquerdistas ou republicanos foron sacados de prisión e “paseados”; conducidos ata as proximidades da Torre de Hércules e fusilados no “Campo da Rata”. A maioría dos que defenderon o goberno republicano marcharon ao exilio.
    A Postguerra determinou unha etapa negra de penurias e privacións que se extendeu ao longo da década dos 40. 

   Coa depuración rematada e a adquisición de poder por parte de figuras asociadas ao réxime que conformaron un potente grupúsculo de poder local, a recuperación económica (personalizada en Pedro Barrié de La Maza) trouxo un impactante aumento demográfico, duplicando o número de habitantes durante os anos cincuenta con respecto a 1920. 

   Ao tempo que se vive un periodo de expansión empresarial e económica coincidente co periodo aperturista, A Coruña sufre os efectos da especulación e do urbanismo rápido e desordeado, aparecendo novos barrios como o do Agra do Orzán, Os Mallos, Labañou, ou modificando outros como Montealto, conferíndolles unha faciana na que prevalece o desorde arquitectónico e a carencia de zonas verdes e espazos abertos.

.


Estatísticas

  [Change the language by clicking on the flags (Home)]

   

Poboación............................................. 246.028 hab. (INE 2011)
Superficie.............................................. 37,83 km²
Densidade de poboación....................... 6.503,52 hab./km²

Comunidade Autónoma........................ Galicia
Provincia............................................... A Coruña
Situación............................................... 43°22 17?N 8°24 19?O
Altitude.................................................. 0 - 200 msnm
Límites.................................................. ao norte co Océano Atlántico
                                                               ao leste coa Ría do Burgo e Oleiros
                                                               ao sur con Culleredo
                                                               ao oeste con Arteixo

Fuso horario.......................................... GMT +1 / Verán GMT +2
Código telefónico.................................. +34 981
Código Postal........................................ 15.001 / 15.011

Fundación............................................. 1208 d. C.
Topónimo oficial (galego)....................... A Coruña
Topónimo traducido (castelán)............... La Coruña 
Xentilicio............................................... Coruñés, sa

Patroa.................................................. Virxe do Rosario
Festa principal..................................... San Xoán -noite do 23 ao 24 de xunio- (1).  

.

(1) Declarada festa de interese turístico nacional

Cultura

[Change the language by clicking on the flags (Home)]


.

ÍNDICE.


1. Rede de Museos Científicos Interactivos.

  a) Casa das Ciencias e Planetario. 

  b) Aquarium Finisterrae

  c) Domus. Casa do Home.


2. Museos Arqueolóxicos

  a) Museo Histórico-arqueolóxico do Castelo de San Antón.

  b) Castro de Elviña


3. Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT)


4. Museo de Belas Artes.


5. (Ref) Outros museos:

   Museo Militar Rexional, Casa Museo Emilia Pardo Bazán, Casa Museo María Pita, Casa Museo Picasso, Casa Museo Casares Quiroga, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa,  Museo de Arte Sacro.

.

.


1.a Casa das Ciencias e Planetario.

   O Museo das Ciencias foi creado en 1983 no Parque de Santa Margarita. O edificio octogonal de catro plantas alberga 1000 metros cadrados de exposicións nos que destaca o "Pendulo de Foucault" - como constatación do movemento rotatorio do planeta e do Efecto Coriolis-, e o planetario da cúpula superior para a recreación de espectáculos astronómicos a través de máis de 30 proxectores especiais. Engloba temáticas científicas, experimentos físicos, e exposicións permanentes e temporais.

- Parque Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña. Teléfono: 981 189 844 Ext: 19100. 

Localización: Google Maps


1.b Aquarium Finisterrae.

   Centro de divulgación científica sobre aspectos vencellados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Pretende promover o coñecemento científico do océano e da vida mariña, e educar actitudes positivas cara a éste. Contén entre outras, un piscinarium con focas atlánticas, un hábitat de polbos, unha sala Maremagnum con máis de 600 especies atlánticas, e a sala Nautilius, unha recreación do gabinete do Capitán Nemo.

- Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. 15002 A Coruña. Tel 981 189842

- Ficha: http://www.e-distrito.com/185/aquarium-finisterrae

    http://gl.wikipedia.org/wiki/Aquarium_Finisterrae

Localización: Google Maps


1.c Domus. Casa do Home.

   O primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O seu lema é "Coñécete a ti mesmo", frase que figuraba no Templo de Apolo en Delfos. O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, resalta con muros, paredes e escalinata de granito, e a fachada conta cun revestimento de 6.600 pezas de lousa que se sosteñen con case 160.000 parafusos axustados manualmente. Para o encaixe da construción na canteira onde se sitúa, houberon de ser escavadas máis de 30.000 toneladas de pedra. 
   O museo, con 1.500 metros cadrados dedicados a salas de exposicións, posúe máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana, afondando no campo da xenética e a evolución a través de exposicións e experimentos.

- Rúa Santa Teresa 1, 15.002 A Coruña. Tel 981 189840.

Ficha: http://www.e-distrito.com/184/museo-domus 

 Máis información: http://gl.encydia.com/es/Casa_do_Home_(A_Coruña)

Localización: Google Maps


2 a. Museo Histórico-arqueolóxico do Castelo de San Antón.


   Fortaleza do século XVI unida na actualidade ao paseo marítimo -orixinariamente era unha illa-, foi utilizado  comúnmente a nivel defensivo e como prisión aínda que tamén sirveu como hospital de leprosos e lazareto. Está considerado monumento histórico artístico dende 1994. O museo recolle pezas arqueolóxicas da era dos metais, da cultura castrexa, romana e da medieval.

- Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez 2, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 189 850.

Localización: Google Maps


2.b. Castro de Elviña.

   O Castro de Elviña son os restos dun poblado fortificado clásico da cultura castrexa, elevado no monte da Zapateira, dividido por tres murallas, e de acceso bordeado por torreóns defensivos. Na súa orixe cunha amplitude de sobre sete hectáreas, calcúlase que foi ocupado durante setecentos anos ata o século V d.C. Os materiais obtidos nas excavacións son expostos no Castelo de San Antón.

- Campus de Elviña s/n A Coruña Tel. 981 184 278

   Horario de Inverno (de outubro a xuño): Domingos ás 12:00 / Horario de Verán (xulio a setembro): martes, xoves, sábados, domingos e festivos, ás 12:00.  Visitas guiadas de 60 minutos de duración. Os horarios poden sufrir alteracións por motivos climatolóxicos ou arqueolóxicos.

Localización: Google Maps


3. Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).

   Museo  de titularidade estatal xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía. O MUNCYT promove o coñecemento da actividade dos centros de investigación estatais actuando como referente en materia científica e tecnolóxica.

- Praza do Museo Nacional 1. Tel. 900 100 134 -  http://www.muncyt.es/

Localización: Google Maps


4. Museo de Belas Artes.

   Radicado no antigo convento das Capuchinas, o Museo de Belas Artes, creado en 1942, reune obras procedentes do Museo del Prado e pintura galega, española e europea, así como cerámica de Sargadelos ou gravados de Goya. Conta igualmente cunha biblioteca especializada cuxos fondos vanse ampliando cada ano coa adquisición das publicacións máis significativas, en especial, da artes galegas.

-  Rúa Zalaeta, s/n 15002 A Coruña. Tlf: 881 881700  / http://museobelasartescoruna.xunta.es/

Localización: Google Maps


5. Outros museos:

__ Museo Militar Rexional. Praza Carlos I, s/n

__ Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Rúa Tabernas, 11

__ Casa Museo María Pita. Rúa Ferrerías, 28

__ Casa Museo Picasso. Rúa Paio Gómez, 14

__ Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas, 12

__ Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa. Avda. de Arteixo, 171 (A Grela-Bens).  Ficha:

http://www.e-distrito.com/comercio/186/museo-macuf

__ Museo de Arte Sacro. Avda. Porta de Aires 23.

Lecer

[Change the language by clicking on the flags (Home)]

.

 Índice

   1. A zona da Torre de Hércules.

   2. A Praza de María Pita e a Mariña.

   3. As praias. O Paseo marítimo máis longo de Europa.

   4. Xardín de San Carlos, Castelo de San Antón, e dique.

   5. Xardíns de Méndez Núñez e Obelisco.

   6. Parque de Santa Margarita.

   7. Monte de San Pedro e Monte de Bens.

 

 

 

 

 

.

.

 
1. A zona da Torre de Hércules.
(Para ampliar a información ir ao roteiro 1 desta mesma sección).

    A zona máis norteña da cidade está arrodeada dun gran espazo verde renovado como museo ao aire libre. En él acomódanse: 


- A Torre de Hércules.  De finais do século I ou principios do século II, ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. Declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2009.

   Datos técnicos:  Altura total: 68 metros (dos que 21 corresponden á restauración de 1789) / Altura sobre o nivel do mar: 106 metros / Chanzos: 234 / Alcance: 24 millas.  Para máis información sobre a Torre, consultar seccións: "Roteiro 1" e "Vídeos". Tamén:  http://www.torredeherculesacoruna.com


- A estatua de Breogán. O himno galego rememora a historia de Breogán (correspondéndose Galiza co "Reino de Breogán" ou "Fogar de Breogán"), que según o "Leabhar Ghabhála Érenn" ("Libro das Invasións de Irlanda") , fundou a nación célta galega, e construíu a Torre de Hércules. Info: Breogán


- A Bucina, escultura creada por Moncho Amigo e realizada en "aceiro corten", que recrea a cuncha dun molusco cun triplo significado: a exaltación dos sons mariños, o simbolismo da abundancia, e a valoración do lúdico fronte ao intelectual.  

 


- "Menhires pola Paz" ou "Familia de Menhires". Grupo escultórico de doce menhires que representan a unha familia: un círculo exterior de oito puntos e outro interior de catro de menor tamaño. Unha pequena ventá central compón diversas imaxes segundo o ángulo de visión. Deseñado por Manolo Paz, trátase dunha homenaxe á herdanza celta de Galicia. 


- "Homenaxe aos fusilados".  O lugar foi utilizado en 1936 e 1937 polos sublevados como campo de fusilamento de centenares de persoas apresadas, republicanos, sindicalistas e esquerdistas. O monumento, deseñado por Isaac Díaz Pardo, inaugurouse en 2001 en homenaxe ás víctimas.    Máis información:    Campo_da_Rata


- "A casa das palabras" (antigo cemiterio mouro). O vello cemiterio mouro foi construído na Guerra Civil para dar sepultura aos soldados musulmáns que, procedentes do Protectorado de Marrocos, combateron do lado do Exército de Franco. Rehabilitado como a Casa das Palabras, as paredes interiores teñen agora gravados realizados por Xoán Viqueira nos que foron inseridos textos sobre a orixe da cidade en varios idiomas..

.




2. A Praza de María Pita e A Mariña.

   A Praza de María Pita aloxa a Casa do Concello. No centro, subida sobre un pedestal de máis de cinco metros e medio, álzase a estatua rematada en bronce de María Pita. A obra completa mide 9´31 metros e pesa 30 toneladas.

   Cóntase que, durante a defensa da cidade contra a armada inglesa en 1589, María Pita recolleu a espada do cadáver do seu marido e con ela matou a un alférez inglés. Izándoa despois arengou aos seus coas verbas: "Quen teña honra que me siga”. O suceso, precisamente, tería acontecido na zona de Pescadería, escollida por Francis Drake para o ataque debido ás súas carencias defensivas en comparación coa Cidade Vella, residencia da clase máis adiñeirada que sí contaba cunha muralla fortificada.

.

   O edificio do Concello data dos inicios do século XX. De estilo modernista, na fachada destacan dúas torres laterais y unha central de maior tamaño, todas terminadas en cúpula. Catro estatuas de pedra simbolizan as catro provincias galegas, e unha inscripción sinala: "muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia". Os actos municipais de maior entidade así como celebracións e recibimentos son presididos dende a balconada central de ferro forxado. No seu interior descúbrese o "Museo dos Reloxos"; unha da coleccións máis importantes do estado español, con pezas do século XVII ata os nosos días. 

   Saíndo da praza polo sur atopamos o Paseo do Parrote e a Mariña. 
   Foron as Galerías da Mariña ás que lle deron á Coruña o sobrenome de "Cidade de Cristal". Procedentes de Segovia durante a segunda metade do século XIX, o vidro percorre todos os balcóns en liña coa finalidade de cubrilos da acción da chuvia. De feito, tales balcóns constituían a parte posterior das vivendas, habitadas a cotío por pescadores, que amarraban as súas embarcacións nos soportais cando ía temporal -o mar adentrábase ata eles- e accedían a elas polos portais de praza María Pita e a rúa Riego de Agua.

   A praza de María Pita ofrécenos dúas visitas máis. Colocados á beira da estatua de María Pita e mirando para o Pazo Municipal,

- á nosa esquerda chegamos a Riego de Agua e a Rúa Real, a rúa máis comercial da cidade.

- á dereita, subindo a Avenida de Los Ángeles, a cidade vella, onde podemos visitar tanto a Praza de Azcárraga como a Colexiata de Santa María (s.XIII) -en cuxo interior apréciase unha anunciación gótica apelicada á lenda da salvación da cidade  dun asolagamento por parte da figura da Virxe apoiada sobre un león-. [Ambas as dúas só seguindo a rúa das Damas].

.



3. As praias. O Paseo marítimo máis longo de Europa.

   (Ver mapa de praias ao final da ruta 1). O Paseo Marítimo da Coruña conta con máis de 15 quilómetros pola cidade dende O Portiño ata A Mariña. Exténdese ininterrompidamente á beira do mar.

   Abrangue dende pendentes e cantís (desde O Portiño ata o Milenium pasando polo Monte San Pedro), quilómetro e medio de praias continuas (Riazor e Orzán), grandes museos (a Domus e o Aquarium), extensións de zonas verdes protexidas (entorno da Torre de Hércules), varios portos deportivos, ou as galerías acristaladas (A Mariña).  

 

   

   A morfoloxía vai cambiando lixeiramente en base ás características xeográficas, xogando con espazos máis amplos nas zonas máis urbanas, cun carril lento para circulación viaria no lado oeste de maior altura, cunha barreira vexetal ao longo dos areais, maior xardinería á altura do castelo de San Antón ata a Mariña, ou con farolas blancas ou vermellas en distintas fases. Prácticamente a súa totalidade conta con carril-bici.

   As praias máis recoñecidas (todas de areas blancas) alóxanse tamén ao seu paso.   

   - Riazor (610 mts de lonxitude/ anchura media aprox 57 mts). Forma parte do centro urbán conxuntamente coa do Orzán e Matadero, que forman un grupo case continuo de tres. Ventada e de area grosa dispón de acceso para minusválidos, aseos e duchas.

   - Orzán (692 mts de lonxitude/ anchura media aprox 50 mts). Separada de Riazor por unha "Coiraza" corta-ondas. Ventada, de area grosa, con acceso para minusválidos, aseos e duchas.

   - Matadero (51 mts de lonxitude/ anchura media aprox. 27 mts). Igualmente separada do Orzán por unha  coiraza de contención, está resgardada tanto do vento como das ondas polo acolle as maiores aglomeracións no seu comparativamente reducido enclave. Area fina, aseos e duchas.

   - As Lapas (80 mts de lonxitude/ anchura media aprox 36 mts). Envidiable posición ao pé da Torre e en zona verde; sen vento e de augas moi tranquilas; area fina, aseos e duchas.     

- San Amaro (100 mts de lonxitude/ anchura media aprox 36 mts). Seguindo o paseo marítimo ao leste, a 700 metros das Lapas. Con pouco vento e augas tranquilas; area fina, aseos e duchas.

.




4. Xardín de San Carlos, Castelo de San Antón, e dique. 

   Lord Wellington: "Españois, dedicádevos a imitar aos inimitables galegos"

   O xardín de San Carlos foi construído como castelo defensivo no século XIV, dous séculos antes que o  Castelo de San Antón. Se éste sería utilizado para o seu fin primeiro e con gran efectividade ata o século XVIII, o amurallamento de San Carlos perdería pronto a súa funcionalidade e ficaría relegado -despois de estoupar a súa polvoreira- ata que en 1834 se transformase en xardín romántico.

   Con dous olmos centenarios e declarado Conxunto Histórico-Artístico, dende o seu mirador divísase todo o porto da Coruña. Como principais destaques, chaman a atención do visitante:

 - O edificio do Arquivo do Reino de Galicia -creado en 1775-, onde se poden consultar os documentos históricos referentes a milenaria entidade política galega.  

 - A placa na que se lembra as palabras de Lord Wellington ao seu propio exército: "Españois, dedicádevos a imitar aos inimitables galegos". Wellington comandaba na batalla de San Marcial (1813) un exército hispano-luso-británico que liberaría ao País Vasco e Navarra da ocupación francesa.

 - A tumba de Sir John Moore; xeneral británico finado durante a Batalla de Elviña (1.809) na que as súas divisións resistiron o acoso francés e lograron abandoar a cidade por mar. (Ver sección Datos Históricos)

   
   O Castelo de San Antón -descendendo 300 mts dende o xardín- é na actualidade un museo (Ver sección Cultura) ao carón do paseo marítimo e unido a él por un istmo artificial. A súa construcción iniciouse en 1587 para protexer á cidade dos ataques por mar. Con posterioridade tería funcións como lugar de reclusión para mariñeiros que chegaran ao porto con enfermidades infecciosas. Tamén adecuado como prisión, en él se confinou entre outros a Juan Díaz Porlier -tras o fracaso do levantamento liberal-, Alejandro Malaspina -despois do realista informe sobre a situación das institucións coloniais españolas cuxo obstruccionismo por parte do goberno español derivou na conspiración contra Manuel Godoy-, e probablemente Manuel Romasanta -único caso documentado no estado español de "licantropía clínica", quen declarou terse convertido en lobishome e atacar e comer a varias persoas para saciar a fame*.

   [ * Algúns estudios afirman que a coñecida lenda galega do "home do saco", unha persoa que habitaría os montes galegos e que levaría un saco ás costas para raptar aos nenos, tería a súa orixe en Romasanta.]

   
   Finalmente, o dique de abrigo, promovido por Pedro Barrié de la Maza, acubilla á baía. Na súa base destacan o centro Oceanográfico e a Torre de Control Marítimo -en forma de "H"-. Dende a mesma ata a punta do extremo, o dique se alonga por un quilómetro, o cal é usado para carril bici e zona de paseo. É común ver tamén practicar diferentes deportes como o running, iniciación á escalada (no muro), ou pesca.  

.



5. Xardíns de Méndez Núñez e Obelisco.

   Situados no centro da Pescadería percorren os Cantóns e reciben un alto índice de visitas. Acollen actos estacionais multitudinarios como a feira do libro ou da artesanía, e estatuas adicadas a John Lennon, Curros Enríquez -poeta clásico do Rexurdimento galego-, Emilia Pardo Bazán -xornalista e novelista impulsora do naturalismo en España-, Castelao -polifacético político considerado o pai do nacionalismo galego-, Eduardo Pondal, Suárez Ferrín, Manuel Murguía... 

   

   O Obelisco é un monumento de 1893 en memoria de Aureliano Linares Rivas, avogado, xornalista e político compostelán distinguido polas contribucións a prol da Coruña.

.



6. Parque de Santa Margarita.

    Máis de 50.000 mts cadrados abeiran a maior arboleda da cidade. Entre a Ronda de Nelle, a Avenida de Fisterra e a Avenida de Arteixo, co Pazo da Ópera no extremo norte e a Casa das Ciencias e o Planetario ocupando o lugar central, posee un estanque con parrulos, gansas e cisnes, pombais, esquíos, espazo exclusivo para cans, área infantil...

.



7. Monte de San Pedro e Monte de Bens.

   O Parque de San Pedro parte dunha antiga zona militar transfigurada como parque municipal. Durante a "II Guerra Mundial", o franquismo ofreceu apoio loxístico á Alemaña nazi, e a "Kriegsmarine" do III Reich, que xa participara na guerra civil española, recibía aprovisionamento nos portos da Coruña e Ferrol amparada pola Batería de Cañóns do Monte. 

   Dous "Vickers" (adquiridos en 1929) de fabricación inglesa -15 pulgadas de calibre e 17 metros de lonxitude-, permanecen no alto do monte. Tiñan capacidade para disparar proxectís de unha tonelada de peso cun alcance de 38 quilómetros. Consérvanse asimesmo refuxios subterráneos e barracóns.

   Máis información: http://es.wikipedia.org/wiki/Cañones_del_Monte_de_San_Pedro

   Nos seus 78.000 mts cadrados, tamén se vislumbran abas de toxos e breixos, un labirinto vexetal realizado con plantas italianas, unha cúpula atlántica de 360ª dende a que se amosan excelentes panorámicas da cidade, amplas zonas axardinadas, sendeiros, e un área de servizos.

   O seu ascensor panorámico, ascende unha pequena porción de monte de 63 mts dende o paseo marítimo ata o mirador.   Esta obra constituíu unha gran polémica pola relación inversamente proporcional entre custes e utilidade.

.

   O Monte de Bens foi inaugurado en 2.001, cinco anos despois do derrumbamento do vertedoiro homónimo, no que faleceu un veciño do Portiño. Aínda que cunha superficie total de 605.000 mts cadrados -9.500 empregados como zona de esparcimento-, máis de 200.000 se manteñen selados para recuperación. A rehabilitación do parque de Bens encarnou un esforzo considerable na promoción de valores naturais e paisaxísticos. 

Transportes


[Change the language by clicking on the flags (Home)]

.

ÍNDICE.

 
1. Para chegar.

   a) Desde o aeroporto de Alvedro (LCG) A Coruña / Desde o aeroporto de Lavacolla (SCQ) Santiago de Compostela.   

   b) Tren.

 
2. Na cidade.

   a) En coche.

   b) En bicicleta.

   c) Transporte Público.

       - Rutas, frecuencias e horarios.

.

.


1. Para chegar.  

   a) Desde o aeroporto de Alvedro (LCG) A Coruña: 

   O aeroporto de Alvedro atópase nas aforas da Coruña, no municipio de Culleredo, a 7 quilómetros da cidade.   Na terminal pódense atopar as referencias e datos dos principais hoteis, empresas de coches de aluguer, autobuses, e paradas de taxis. 

   Unha liña de autobús conecta o aeroporto co centro da Coruña (Praza de María Pita) facendo diferentes paradas ao longo do traxecto. [Teléfono: (+34) 981 23 1234]

   HORARIO (Cada viaxe ten unha duración aproximada de 30 min): 

- De luns a venres a intervalos de trinta minutos dende as 07:15 ás 21:45 h.

- Sábados cada sesenta minutos. De 07:30 ás 22:30 dende Porta Real (a carón da Praza de María Pita) ao aeroporto; e de 08:00 a 22:00 en sentido contrario.

- Domingos e festivos cada sesenta minutos. De 08:30 a 22:30 desde Porta Real ao aeroporto; e de 09:00 a 22:00 en sentido inverso.

   
   Desde o aeroporto de Lavacolla (SCQ), Santiago de Compostela:

    O translado por carretera desde o aeroporto de Santiago no caso de alugar un coche prodúcese directamente por autopista. A unha distancia de 76 quilómetros e unha peaxe de arredor de 5 euros, en 50 minutos estaremos entrando pola principal arteria de acceso á Coruña, a Avenida de Alfonso Molina.

   En autobús, a empresa "Travidi" -http://www.travidi.com /tel: (+34) 981.25 70 82 - dispón dunha liña regular entre o aeroporto e A Coruña que sae todos os días do ano (agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro) ás 12:15 horas. Igualmente esta empresa parte dende o Hotel Atlántico da Coruña ata o aeroporto de Lavacolla todos os días ás 09:15 h. (coas mesmas excepcións). Admite bicicletas.

   Para utilizar o tren, hai que desplazarse ata a estación de Santiago cidade sita na Rúa do Hórreo, 75, 15702 Santiago de Compostela (a 11 quilómetros do aeroporto). Poden mercarse os billetes online Santiago-A Coruña  en: https://venta.renfe.com .  A empresa de autobuses Freire -información e venda: http://www.empresafreire.com - une o aeroporto co centro de Santiago (rúa Doutor Teixeiro) cada media hora de 06:45 a 00:45 h.

   
   b) Tren.

   A liña ferroviaria atopa o seu fin na estación de San Cristovo. Dotada de aluguer de coches, taxis, e paradas de bus que a interconectan cos diferentes destinos, está radicada na rúa de Joaquín Planells Riera s/n, frontal á   Ronda de Outeiro; a 2 kilómetros do centro.
   Información:  http://www.adif.es



2. Na cidade.

   a) En coche.

   Conducir é unha práctica cotiá e ata unha forma de vida para os habitantes do municipio. Ver A Coruña en coche pode resultar tamén unha opción factible para os visitantes. 
   Ainda que se o viaxeiro pregunta a un coruñés polos desprazamentos en coche, seguramente atope certo escepticismo na resposta, a realidade é que o tráfico non é especialmente denso e atopar aparcamento é relativamente sencillo en comparación con moitas cidades europeas. A pesares de que o aparcamento en superficie na zona centro require de máis tempo de busca, e pode chegar a ser esgotador, existe unha ampla rede de parkings subterráneos que complementan a oferta.

   O SERVIZO ORA (zona azul e zona verde) funciona en días laborais con horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. 

   A zona azul corresponde ás prazas pintadas con liñas azuis ou sinalizadas como tal. O usuario debe introducir a cantidade solicitada no parquímetro máis próximo en base á duración do estacionamento. No mesmo parquímetro se informa de custes e horarios. 

   A zona verde está delimitada por liñas de cor verde ou sinalización indicativa. Trátase de prazas exclusivas para residentes.

   Existen paralelamente parking express de estacionamento rápido.

   
b) En bicicleta. 

    O uso da bicicleta está enfocado ás actividades recreativas máis que a consolidación dun medio de transporte. En consecuencia, os carrís bici percorren esencialmente zonas de lecer (v.gr. paseo marítimo), sen que exista unha cultura alternativa de mobilidade.

   As rúas non están preparadas para a presenza de ciclistas e o respecto por parte dos conductores non é equivalente a países do centro ou norte de Europa. Malia todo, o número de ciclistas increméntase decote e estase a experimentar unha lenta variación de costumes en sectores minoritarios.

-  "Bicicoruña"  é a plataforma municipal de aluguer de bicicletas. 

   Info: http://www.bicicoruna.es .

   Rexistro: http://www.bicicoruna.es/Register.aspx.

   Termos de uso, disponibilidade e puntos de préstamo : http://www.bicicoruna.es/Normas.aspx.


c) Transporte Público. 

    A situación do transporte público na Coruña non está exenta de polémica. Por unha banda son poucos os que consideran que o transporte público na súa configuración actual responde de xeito equilibrado á demanda cidadán; pola outra, os tempos de espera non son excesivos e as frecuencias en maior ou menor grao cumplen o seu cometido. A carencia máis preocupante dase nas limitacións do transporte interurbano e nos seus horarios non coordinados ás necesidades dos usuarios. 

   Dende 2.007 a política da cidade respecto a transportes mudara en posicións máis activas e europeistas. A renovación plasmouse na construcción de corredores verdes e boulevares, na que primou a ampliación de beirarrúas, plantación de árbores, implantación dun sistema de aluguer de bicicletas, e a creación dun carril bus. A evolución de estas liñas foi a diferentes velocidades debido ás reticencias e problemáticas debido ao cambio.

   En definitiva, o transporte, aínda con importantes deficiencias e oposto ás modernas políticas de sustentabilidade lideradas polos países como Dinamarca ou Holanda, non eiva a capacidade do viaxeiro de establecer un plan de coñecemento multifactorial durante a súa visita; de feito as peonalizacións seguen gañando un gran espazo e acadaron xa unha gran parte do centro da cidade.

.

   
   Pódense consultar as rutas, frecuencias e horarios do transporte en: http://www.e-distrito.com/transporte-publico

Datos de interese

ÍNDICE

.

A. Clima.

B. Moeda.

C.  Índice de delincuencia.  

D. Idioma.

E. Rúas de compras e centros comerciais

F. Aloxamento e gastronomía. 

G. Teatro, cine e música. Museos

H. Centro de Información Turística.

.


A. Clima.

   O clima oceánico proporciona temperaturas suaves durante todo o ano que fan que calquera estación sexa boa para a visita.

   Unha temperatura media que oscila entre 10º C en inverno e 28º C durante o verán aconsella a época estival como receptora punta a nivel turístico. Xullo e agosto son os meses con menores precipitacións -30 mm por mes- e máis horas de sol; decembro e xaneiro os de maior porcentaxe de chuvias -130 mm/mes- .


B. Moeda.

   A moeda oficial é o euro, que sustuiu á peseta en 2002.

   Pódese cambiar moeda tanto en entidades bancarias como en casas de cambio. O aeroporto de Alvedro tamén dispón de cambio de divisas.

   Hai caixeiros automáticos das diferentes redes repartidos por toda a cidade. Igualmente, o pago con tarxeta está completamente popularizado en case todos os establecementos.


C. Índice de delincuencia.

   Á marxe de que para evitar ser víctima dos rateiros se aconselle seguir unhas regras básicas de precaución, ao igual que en todas as viaxes, A Coruña é unha cidade segura que ocupa rankings de delincuencia inferiores á media dentro do estado español, e que figura como de risco baixo dentro das catalogacións das compañías aseguradoras.  


D. Idioma.

   Existe unha situación de bilingüismo entre o galego, lingua propia de Galicia, e o castelán, ambas as dúas linguas oficiais de Galicia.

   A nivel histórico a evolución da Coruña está estreitamente vencellada ao porto. O galego era o idioma falado polos habitantes orixinarios, e a grande repercusión das actividades portuarias e o establecemento de amplas redes de comercio dependentes de éste (a nivel marítimo e terrestre), tanto como lances políticos prolongados -a "doma e castración do Reino de Galicia" por Isabel I de Castela a partir do século XV, os "séculos escuros", ou a prohibición do galego durante a dictadura de Francisco Franco- reflectiron unha situación diglósica de substitución do galego polo preponderante, a nivel socioeconómico, castelán.  

   Así, na actualidade existe unha clara diferenciación entre o centro da cidade, sede financieira e de primacía castelánfalante, e os barrios, onde pervive o galego en proporcións máis elevadas. 

    En xeral, os visitantes con coñecementos en castelán ou galego (tamén portugués por proximidade lingüística troncal con éste) non atoparán problemas de comunicación. Aos de fala inglesa, malia que o coñecemento do inglés entre a cidadanía non está popularizado, tampouco lles será difícil atopar quen, en maior ou menor medida, poida atender as súas necesidades.


E. Rúas de compras e centros comerciais.

   A zona máis comercial e céntrica é a Rúa Real, unha rúa peonil que transcorre por 300 mts dende o Obelisco ata preto da praza de María Pita, e que abrangue rúas adxacentes como Os Olmos ou A Galera. A súa ubicación privilexiada permite en moi poucos metros visitar o Concello (en María Pita), os xardíns de Méndez Nuñez -en paralelo-, e as galerías acristaladas da Mariña (ver mapa inferior).

   Praza de Lugo. Mercado municipal céntrico con centro comercial aberto de gran actividade no que se sitúan algunhas das tendas máis atractivas. A FNAC está na mesma praza. (Consultar sección Mapas). 

   A rúa Barcelona, tamén peonil, cun conxunto de máis de 150 establecementos comerciais, sitúase nas aforas, no lado sur, paralela a Ronda de Outeiro e alongándose 715 metros dende a Avda de Fisterra ata a rúa Páramo.

   Pola súa parte, a rúa Ángel Senra (265 mts), centro neurálxico do Distrito Mallos (toda a información comercial e turística -roteiro incluido- premendo na sección "Distrito Mallos" en www.e-distrito.com), non se cingue só a súa propia extensión senón que comprende rúas de especial interese como Capitán Juan Varela e San Luis. De un comercio máis local e tradicionalista atópase nunha excelente localización fronte á estación de ferrocarril.

   Centros Comerciais.

    A Coruña é coñecida por ser a cidade con máis centros comerciais per cápita. O principal é: 

- Marineda City. 500.000 mts cadrados de superficie construida, o centro comercial máis grande de España e un dos maiores de Europa. Marineda hospeda a IKEA, Decathlon, Zara e Inditex, H&M, Primark, Worten, El Corte Inglés, Book Center, C&A, Muerde La Pasta...

   Accédese saíndo da cidade pola Avda de Arteixo; ou cara ao polígono industrial da Grela-Bens. Ctra. Baños de Arteixo, nº 43. 15008 A Coruña. http://www.marinedacity.es

F. Aloxamento e gastronomía. 

   Principais hoteis:

   - Hesperia Finisterre (5*). http://www.nh-hoteles.es/

   - Meliá María Pita (4*). http://es.melia.com/

   - NH Atlántico (4*). http://www.nh-hoteles.es/

   - Zenit Coruña (4*). http://www.zenithoteles.com/

   - TRYP Coruña Hotel (4*). http://es.melia.com/

   - Hesperia A Coruña (4*). http://www.nh-hoteles.es/


   
   Gastronomía.  

   Galicia é internacionalmente coñecida pola súa calidade gastronómica, que vai dende a denominación de orixe da terneira galega -indicación xeográfica protexida- ou o porco celta, ata os productos do mar en xeral. Do mesmo xeito a cultura do "tapeo" e un indicativo da boa saúde do sector.  

   A cidade como ente global amosa un desenvolvemento gastronómico característico que fluctúa entre a gran calidade dos productos usados e a tendencia as formas folclóricas no tocante á presentación dos platos e establecementos. 

   A área máis típica e concorrida á hora de disfrutar de estos productos é a que forman as rúas A Galera, A Barrera e A Franxa.

.

.


G. Teatro, cine e música. Museos

    Principais cinemas: 

   - Cinesa Marineda City 3D.  Carretera Baños de Arteixo. C.C. Marineda,S/N, A Coruña. 902 333 231.

   - Los Cantones 3D. Avenida Alférez Provisional, 3, Coruña, A - 981 224 473

   - Yelmo Cines Espacio Coruña 3D. Centro Comercial Espacio Coruña,S/N, A Coruña. 981 172 233

   
   Cine clube:

   - CGAI Centro Galego de Artes da Imaxe. Rúa Durán Loriga 10, 15003 A Coruña. 981 203 499

   - Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña; Teléfono: 981 184 293

   
   Axenda de Eventos: http://www.e-distrito.com/axenda-de-eventos   
   Relación de Museos: Consultar a sección "Cultura" de esta mesma sección.


H. Centro de Información Turística.

   Os Centros de Información Turística son: 

   
- CIT da Praza de María Pita. Praza de María Pita s/n 15.001 A Coruña. Tel. 981 923 903 - 618 790 665

   Horario de novembro a xaneiro:

   Luns a venres de 09:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30 h
   Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h / Domingos e festividades de 10:00 a 15:00 h

   De febreiro a Outubro: 

   De luns a venres de 09:00 a 20:30 h
   Sábados de 10:00h a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h / Domingos e festivos de 10:00 a 15:00 h.


- CIT da Praza de Ourense. Praza de Ourense s/n - 15004 A Coruña. Tel: 981 184 340

   Horario:

   Luns a venres de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 h.

   

Mapas

[Change the language by clicking on the flags (Home)]

.

A. Mapas fixos parciais.

  - A Coruña Centro

  - A Coruña xeral 

B. Mapa Interactivo.

  - Satélite/ Mapa

C. Buscador de rúas.

.

.



A. Mapas fixos parciais.

  - A Coruña Centro:

 
- A Coruña xeral:

.


B. Mapa Interactivo.

  - Satélite/ Mapa:

  Consultar: mapsstreet-view

.


C. Buscador de rúas.

  (- Por búsqueda de enderezo /  - Por búsqueda de lugar / - Por búsqueda de lugar de interese.)

http://www.coruna.es/guiaLocal/

.

« »



   

   [ Ver mapa na parte inferior]

   Distancia total: 6 kms

 .

   

  O traxecto comeza no paseo marítimo (o que percorremos dirección norte) á altura do Pazo dos Deportes e o Estadio de Riazor.

   

 - O estadio de Riazor é a sede do Real Clube Deportivo da Coruña. Foi construído en 1944 e conta, tras a remodelación de 1995 cunha capacidade de 35.600 localidades. O "Deportivo" conta cun título da LNF, liga de fútbol española, e cinco subcampionatos, ademais de dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España. A nivel europeo, a tempada 2003-04 o clube disputou as semifinais da Champions League.

   

 - A carón, o Pazo dos Deportes alberga os partidos do Hockey Club Liceo (hóckey a patíns). Con ata 15 torneos nacionais e 20 internacionais entre os que destacan 6 Copas de Europa, a última na edición do 2.012 -dato actualizado en 2012-, o Liceo é o equipo máis condecorado de Galicia.

   

  A simple vista, as praias de Riazor e Orzán (ver información sobre praias na sección "Lecer") forman unha cuncha que vai dende a rotonda das Esclavas ata, ao fondo, a praia do Matadero. É unha zona de intenso tránsito concentrado nas súas diferentes fases. As praias énchense en verán como o paseo marítimo durante todo o ano; o tráfico invade os carrís de circulación viaria, e os soportais do Orzán acollen pródigamente aos viandantes.  Juan Canalejo, que comeza 250 mts despois da coiraza, é unha das rúas de maior ambiente nocturno.

   

 A media altura, dita coiraza que separa Riazor do Orzán permanece como mostra residual, agora curtaondas, da antiga muralla que protexía Pescadería e formaba parte do sistema defensivo da cidade, especialmente relevante na cidade vella. 

   

  En definitiva, toda a combinación de areais é apta para a práctica de deportes; as fortes ondadas favorecen o surf e os espazos amplos, o voleibol-praia e xogos varios de pelota.   

   

   

.

   A só 400 metros da praia do Matadero (fronte ao Hotel María Pita), atopamos a Domus ou "Casa do Home",o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O seu lema é "Coñécete a ti mesmo", frase que figuraba no Templo de Apolo en Delfos. O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, resalta con muros, paredes e escalinata de granito, e a fachada conta cun revestimento de 6.600 pezas de lousa que se sosteñen con case 160.000 parafusos axustados manualmente. Para o encaixe da construción na canteira onde se sitúa, houberon de ser escavadas máis de 30.000 toneladas de pedra. 

   

 O museo, con 1.500 metros cadrados dedicados a salas de exposicións, posúe máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana, afondando no campo da xenética e a evolución a través de exposicións e experimentos. 

   

 Ficha: http://www.e-distrito.com/184/museo-domus

 [Rúa Santa Teresa 1, 15.002 A Coruña. Tel 981 189840]

 Máis info: premer aquí

.

   

.

   

  Posteriormente, a 600 metros, achamos o Aquarium Finisterrae, centro de divulgación científica sobre aspectos vencellados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. 

  Pretende promover o coñecemento científico do océano e da vida mariña, e educar actitudes positivas cara a éste. Contén entre outras, un piscinarium con focas atlánticas, un hábitat de polbos, unha sala Maremagnum con máis de 600 especies atlánticas, e a sala Nautilius, unha recreación do gabinete do Capitán Nemo. 

   

  [Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. 15002 A Coruña. tel 981 189842] [ Ver mapas na parte inferior]

   

  Ficha: http://www.e-distrito.com/185/aquarium-finisterrae 

   Info: http://gl.wikipedia.org/wiki/Aquarium_Finisterrae

   

.

.

   

  Dende o aquario xa albiscamos a Torre de Hércules e a praia das Lapas, de posición privilexiadatanto polo seu ámbito coma por estar a cuberto da acción do vento, omnipresente na cidade.

   

  Separámonos do paseo marítimo á altura da Torre, ata atopar, custodiándoa á fronte, a estatua de Breogán.

   

  Galiza (Galicia) descríbese poeticamente no Himno galego como o fogar de Breogán. Segundo a lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación "Leabhar Ghabhála Érenn" ("Libro das Invasións de Irlanda"), o rei Breogán, fundador da nación célta galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada coa actual A Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha terra verde moi distante dende o seu cumio. Querendo alcanzala, navegaron ata ela, encontrando alí a morte Ith. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, partiron dende Brigantia, chegaron a Irlanda e conquistárona, sendo así os actuais irlandeses descendentes dos galegos. 

   

  Curiosamente, un estudo sobre ADN de Bryan Sykes -profesor de xenética da Universidade de Oxford-, mostrou  a vinculación xenética de irlandeses e ingleses coa poboación galega, do mesmo modo que Spencer Wells -do Proxecto Xenográfico de National Geographic- chegaba a conclusións semellantes na súa obra "Os nosos antepasados".  

   

 Info: Breogán

.

   

.

   

 A altura total da Torre de Hércules é de 68 m. Ten o privilexio de ser o único faro romano e o máis antigo en funcionamento do mundo. O 27 de xuño de 2009 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dende o seu miradoiro pódense ver dende os municipios lindantes ata as rías de Ferrol, Betanzos e Ares.

   

-Datos técnicos:  Altura total: 68 metros (dos que 21 corresponden á restauración de 1789) / Altura sobre o nivel do mar: 106 metros / Chanzos: 234 / Alcance: 24 millas /Fulgores: grupo de 4 cada 20 segundos. http://www.torredeherculesacoruna.com 

   

  A mitoloxía fala de «un xigante chamado Xerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, incluíndo os seus fillos. Un día os súbditos decidiron pedir axuda a Hércules, que retou a Xerión nunha gran pelexa. Hércules derrotou a Xerión, enterrouno e levantou un túmulo que coroou cun gran facho. Preto deste túmulo fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada  Cruña, Hércules puxo á cidade este nome». Existen variacións que situarían a Xerión en Exipto. 

   

 Mais a Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación entre finais do século I e inicios do século II d. C., perdendo o seu uso marítimo durante a Idade Media. A súa mención máis antiga encóntrase no Historiæ adversvm Pagáns de Paulo Orosio, escrito cara ao 415-417 d. C., que di: «Secvndvs angvlvs circivm intendit, ubi Brigantia Gallæciæ civitas sita altissimvm farvm et inter pavca memorandi operis ad specvlam Britanniæ erigit». 

   

  Para máis información sobre a Torre, consultar seccións: "Descrición" e "Vídeos".

   

.

.

   

 Ao leste, nunha lingua descendente cara ao mar, eríxese a Bucina, escultura creada por Moncho Amigo e realizada en "aceiro corten" (a propia oxidación protexe á peza da corrosión), que recrea a cuncha dun molusco cun triplo significado: a exaltación dos sons mariños, o simbolismo da abundancia, e a valoración do lúdico fronte ao intelectual.

   

 .

   

 Pouco máis alá, o campo dos Menhires - "Menhires pola Paz" ou "Familia de Menhires" - consiste nun grupo escultórico de doce menhires que representan a unha familia. Forman un círculo exterior de oito puntos con catro menhires interiores de maior tamaño. Cada menhir posúe unha pequena ventá central ideada co fin de compoñer diversas imaxes segundo o ángulo de visión. Deseñado por Manolo Paz, trátase dunha homenaxe á herdanza celta de Galicia. 

   

 Ao seu carón, levántanse a "Homenaxe aos fusilados" e "A casa das palabras" (antigo cemiterio mouro).

.

   

.

   

  O lugar foi utilizado polos sublevados como campo de fusilamento de centenares de persoas apresadas, republicanos, sindicalistas e esquerdistas, xeralmente "sacados" do cárcere da Coruña e "paseados". A maior parte dos asasinados fórono durante o verán "quente" de 1936, pero ata datas tan tardías como marzo de 1937, xa como froito de xuízos levados a cabo polas autoridades franquistas, se seguiron producindo fusilamentos dos condenados a morte pola súa lealdade ao goberno republicano. 

   

  En 2001 inaugurouse no lugar un monumento, similar aos grandes megálitos prehistóricos, en homenaxe ás vítimas da represión franquista, deseñado por Isaac Díaz Pardo. O monumento composto por bloques de granito, nos que hai manchas de pintura vermella simbolizando o sangue dos fusilados, ten unha inscrición que di: 

   

   "Inmolados nestes campos fronte ao mar tenebroso por amar causas xustas. Presentes na lembranza do povo e do seu concello dá Coruña. " 

  Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.

   

  Máis info:     Tamén figuran dous poemas, de Federico García Lorca e Uxío Carré Alvarellos.

Campo_da_Rata

.

   

.

   

  Pola súa banda, o vello cemiterio mouro foi construído na Guerra Civil para dar sepultura aos soldados musulmáns que, procedentes do Protectorado de Marrocos, combateron do lado do Exército de Franco. 

   

  Con posterioridade, os mortos foron trasladados ao cemiterio de San Amaro. Rehabilitado como a Casa das Palabras, as paredes interiores teñen agora gravados realizados por Xoán Viqueira nos que foron inseridos textos sobre a orixe da cidade escritos en grego, latín, árabe, gaélico e castelán antigo, todos eles traducidos ao galego e castelán. Ademais, escribíronse unhas 250 palabras do galego e castelán que teñen a súa orixe na lingua árabe.  ( ... Continúa)   

.

   Ruta no mapa:

.

   

   

  Regresando ao paseo marítimo e continuando por él despois de pasar a praia, atopamos o Cemiterio de San Amaro, cuxo acceso se produce polo lado contrario ao propio paseo (rúa Orillamar).

   

  Foi inaugurado no ano 1813 despois da prohibición por lei, no ano anterior, dos enterros nas igrexas e a súa contorna. Este camposanto histórico, situado fronte ao mar, está considerado un dos máis importantes de Galicia, tanto polo número, máis de douscentos, como pola notoriedade dos personaxes que acubilla. Está dividido en tres zonas ben diferenciadas: a relixiosa, a civil e a británica -esta última é privada e está pechada ao público-.  Cómpre destacar dous monumentos colectivos que son o Monumento aos Mártires da Liberdade e a Columna dividida en lembranza da folga xeral de 1901.  O Monumento aos Mártires da Liberdade érguese no lugar onde descansaron antano os aviadores alemáns da II Guerra Mundial, trasladados ao cemiterio de Yuste - Cáceres. Actualmente descansan baixo este monumento os restos de soldados magrebís, indebidamente sinalados como cidadáns árabes, ao servizo dos sublevados de 1936.  A Columna dividida en lembranza da folga xeral de 1901, segundo reza a sepultura, o monumento foi erixido por subscrición popular e por iniciativa das sociedades obreiras, ás vítimas dos sucesos do 30 e 31 de maio de 1901, a raíz da que está considerada como a primeira gran folga xeral da historia do movemento obreiro galego, cun paro absoluto en todos os sectores.  Máis información en www.coruna.es

   

 Tumba de Manuel Murguía:  

   

   

.

A.  A noite meiga de San Xoán (noite do 23 ao 24 de xuño).

B.  A Feira Medieval (do 20 ao 25 de xullo -ou días anteriores ou posteriores según edicións-)

C.  A Feira do Libro (do 1 ao 10 de agosto) e eventos paralelos (Mostra de Artesanía, Festival do Cómic...)

D.  Batalla Naval (14 de agosto) 

.

   

.

   

   

A.  A noite meiga de San Xoán. Tradición galega, reminiscencias celtas e animismo (noite do 23 ao 24 de xuño).

   

    A noite de San Xoán é unha das festas antropolóxicamente máis importantes en Galicia. Na Coruña celébrase coas tradicionais fogueiras na praia do Orzán e na de Riazor, sendo ésta a festa do San Xoán máis multitudinaria de Galicia, declarada festa de Interese Turístico Nacional.

   Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de San Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc. 

   

   

   O ritual máis identificativo son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do día 23, tamén chamadas cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas. Durante os días previos, os mozos e veciños van amoreando diverso material nalgún lugar aberto e de paso público (prazas, encrucilladas ou, actualmente, praias) ata que, no comezo da noite, préndese lume entre a expectación de tódolos veciños. Nas horas seguintes, comen sardiñas á brasa e beben viño, cantando e bailando ó redor da fogueira e, cando esta está practicamente consumida, terminan saltando sobre as últimas lapas mentres se exclama:

   - Salto por riba / do lume de San Xoán, / para que non me morda / cadela nin can /

   nin bicho vivinte / que ande polo chan. -

   Ás veces recoméndase, para obte-lo máximo efecto, espirse para saltar sobre a fogueira. O número de saltos que se deben dar é variable segundo os costumes locais: adoita facerse como mínimo tres veces pero, en calquera caso, sempre un número impar de saltos. Resulta habitual nestes rituais máxicos recorrer ós números 3, que representa a Trindade; 7, que representa a totalidade; ou 9, número da perfección (tres veces tres). 

   

   A auga.

   

   Tamén é común a crenza de que a auga, que lava tanto a sucidade como as enfermidades ou, en xeral, o Mal, alcanza nesta noite propiedades máxicas superiores ás que poida ter no resto do ano. Por iso, acódese a ríos e fontes a practicar certos rituais, preferentemente ás máis próximas a mosteiros e santuarios, que transfiren a súa sacralidade á auga.

   Chámase flor da auga á capa máis superficial, na que se reflicte o sol ó mencer e que por tal motivo posúe un misterioso efluvio que gardan as ninfas ou xanas da auga. No caso dunha fonte, este poder teno a primeira auga que deita no mencer. Nesta noite de San Xoán, a flor da auga transmite as súas propiedades de saúde e beleza ás mozas que laven a cara nas fontes nas que habiten estes seres. Esta mesma operación tamén serve para esconxura-las meigas.

   

   As herbas de San Xoán.

   

   Diferentes herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de San Xoán, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta difícil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de San Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ó longo de Galicia.

   Taboada Chivite recolle unha longa relación, entre as que están a dedaleira, o fiúncho, o codeso, o fento macho, o trobisco, a espadana, a malveira, a artemisa, o romeu, a matricaria, a sempreviva, a herba luísa, a roseira, ou follas de nogueira, de bieiteiro, de ameneiro ou de carballo.   Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga á intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mañá seguinte; en certas zonas este lavado ha facerse mirando ó Oriente, para recibir as primeiras raiolas do sol. Deste xeito búscase curar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenece-la pel.   Tamén existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas portas e ventás. Esta propiedade protectora consérvana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de San Xoán e dependuralas logo nalgún lugar da casa para evita-la entrada das meigas.

   

   Sortilexios

   

   A noite de San Xoán é especialmente propicia para levar a cabo certos sortilexios cos que adiviña-lo que vai acontecer no futuro. Por exemplo, se unha muller bota a clara dun ovo nun vaso de auga ás doce da noite, e deixa este durante toda a noite, ó mencer pode adiviñar con quen vai casar segundo a forma que adopte a clara callada: se semella un martelo, será un carpinteiro; se un barco, un mariñeiro, se unha engra, un ferreiro. Tamén se utiliza este método para adiviña-lo futuro dunha persoa: se o que semella é un cadaleito, agoira unha morte próxima;se un corazón, un próximo amante; se un meniño, que vai ter fillos.   Cando a moza teña varios pretendentes, pode, igualmente, saber con cal deles vai casar: para sabelo ha de botar no vaso varios papeliños enrolados cos nomes dos distintos mozos. O que ó mencer apareza desenrolado será o futuro marido. Outra forma para recoñece-lo futuro marido consiste en deixar na ventá unha pela de pataca: á mañá estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.   Tamén as herbas de San Xoán posúen propiedades premonitorias: deixadas sobre unha mesa durante toda a noite, se á mañá seguinte están verdes e frescas agoiran prosperidade na casa; se murchan, anuncian infortunios.

   

   Inversión da orde cotiá

   

   Se nesta data o sol alcanza a maior forza e a maior sacralidade, na noite anterior o Mal ten tamén a maior forza e busca face-lo maior dano á xente, ó gando ou ás colleitas. Nesta noite, as bruxas reúnense nos maiores aquelarres e percorren as aldeas.    Para protexe-las casas da acción das bruxas colócanse ramos de flores, cardos ou espadanas nas portas e ventás. As primeiras, polo seu recendo, combaten o Mal; os segundos fano coas súas espiñas e as terceiras coas súas follas, imitantes dunha espada.   Tamén, por esta razón, os mozos dedícanse a facer bromas e ridiculiza-los veciños, collendo carros, arados, cancelas, dornas, etc. e deixándoos nun lugar pouco accesible (como no medio do río ou sobre unhas escaleiras ou ben visible (como no adro da igrexa, na praza principal ou fronte ó concello); mesmo nalgún caso se botaron tamén na fogueira. Nos últimos anos obsérvase a proliferación de simples actos de vandalismo contra propiedades particulares, contedores de lixo ou mobiliario urbano. Estes ataques á propiedade pretenden atacar, simbolicamente, a orde social, e moitas veces as vítimas son aqueles veciños que polo seu carácter antisocial, son, así, castigados publicamente.

   http://gl.wikipedia.org/wiki/Noite_de_San_Xoán

   

B. A Feira Medieval ou "Feira das Marabillas". 

   

    De celebración anual entre o 20 e 25 de xullo (aínda que pode coincidir tamén do 21 ao 26 ou lindante), a cidade vella convértese nun mercado do medievo con postos ambulantes, roupas de época e espectáculos festeiros.

   

   

   Rúas e prazas decóranse con pendóns e tecidos, nas que son representadas funcións teatrais, desfiles de bandas de música antiga, percusión, frautas e gaiteiros, e percorridas por trobadores, bufóns, malabares, e contacontos. 

   O mercado, con máis de 200 tendas repartidas pola Praza de Azcárraga como epicentro, e a rúa das Damas, rúa da Zapatería, de Herrerías e da Cortaduría e a praza das Bárbaras principalmente, mostra unha concorrida selección de cerámica, ferraría, recreacións de pezas antigas, artigos de fantasía, e vastas seleccións de infusións. A demandada oferta gastronómica compaxina receitas medievais, preparación caseira, carnes á grella, e preparados típicos das cociñas orientais.

   O Feira das Marabillas permanece aberta de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 00:00 h, sendo aconsellable practicar unha doble visita: unha para coñecer mellor o mercado e productos, indicada ata as 19:00 ou 20:00 con máis espazos para "troulear" e pescudar, e outra a partires das 21:00, centrada na comida e bebida, que sumada a unhas noites calurosas e ao ambiente antigüo, convértena nun evento multitudinario.

.

   

C.  A Feira do Libro (do 1 ao 10 de agosto) e eventos paralelos (Mostra de Artesanía, Festival do Cómic...)

   

        Os primeiros dez días do mes de agosto marcan o establecemento da Feira do Libro. Cunha cantidade aproximada de 40 casetas expositoras das diferentes librarías e a presenza de máis de medio centenar de autores invitados, o xardín de Méndez Núñez convértese durante este tempo nunha bulliciosa cita cultural e de eventos varios no mundo da literatura.     Todos os libros gozan dun desconto do 10% sobre o seu prezo de venda.

   

   

   Paralelamente a éste, a primeiros de mes, un festival xa moi asentado e recoñecido a nivel internacional é o do Cómic: "Viñetas desde o Atlántico". Ata 70 talleres de debuxo para todos os niveis, sesións para profesionais con algúns dos debuxantes de máis renome ou un espazo específico sobre a produción made in Galicia non son máis que unha parte do número de espazos e ofertas alternativas en toda a cidade que se empapan do mundo do cómic. As exposicións permanecen abertas en moitas ocasións mesmo ata setembro, e sucédense coloquios, conferencias e visitas guiadas da man dalgúns dos autores máis coñecidos do cómic contemporáneo.

   Dende 1985, coincidindo tamén na primeira quincena de agosto celébrase o "Mostrart" ou Feira de Artesanía, organizada pola Asociación Galega de Artesanía e na que participan máis de corenta obradoiros artesáns. As casetas repártense polos Xardíns de Méndez Núñez á altura do Obelisco.

.

   

D.  Batalla Naval (14 de agosto) 

   

   A Batalla Naval configúrase como a representación pirotécnica que recrea o asedio por parte das tropas británicas comandadas por Francis Drake en 1589 e a defensa da cidade levada a cabo polos veciños, que daría lugar á tradición oral na que se relataban as fazañas de María Pita. (Ver sección "Historia").

   Consiste nunha simulación de fogos artificiais a partir de tres puntos de orixe colocados estratéxicamente ao longo da baía do Orzán, que proporcionan unhas vistas espectaculares dende o paseo marítimo á altura das praias.  Máis de cen mil persoas reúnense anualmente a disfrutar da case media hora de duración do  acontecemento.

   

.

.

   

I. A Casa do Concello e as Galerías da Mariña.

II. Ruta Modernista.

III. Ruta da Cidade Vella.

   

.

.

   

I. A Casa do Concello e as Galerías da Mariña. (Ver sección Lecer, apdo 2)  

   

   O edificio do Concello data dos inicios do século XX. De estilo modernista, na fachada destacan dúas torres laterais y unha central de maior tamaño, todas terminadas en cúpula. Catro estatuas de pedra simbolizan as catro provincias galegas. No seu interior descúbrese o "Museo dos Reloxos"; unha da coleccións máis importantes do estado español, con pezas do século XVII ata os nosos días.  

   

   Saíndo da praza polo sur atopamos o Paseo do Parrote e a Mariña.  

   

   Foron as Galerías da Mariña ás que lle deron á Coruña o sobrenome de "Cidade de Cristal". Procedentes de Segovia durante a segunda metade do século XIX, o vidro percorre todos os balcóns en liña coa finalidade de cubrilos da acción da chuvia. De feito, tales balcóns constituían a parte posterior das vivendas, habitadas a cotío por pescadores, que amarraban as súas embarcacións nos soportais cando ía temporal -o mar adentrábase ata eles- e accedían a elas polos portais de praza María Pita e a rúa Riego de Agua.

   

.

II. Ruta Modernista.

   

  1. Casa Salorio. (Avda Rubine 2). Antonio López Hernández 1912. Facendo esquina coa praza de Pontevedra, a súa forma triangular de paredes amarelas e galerías blancas aparenta a de un buque, incluso coas ventás en forma de ollos de boi e co mar ao fondo. O portal conserva o único artesoado modernista da cidade.

  1. Praza de Lugo 13. Do mesmo arquitecto e mesmo ano, o modernismo unido á pintura prerrafaelística inglesa de finais do século XIX, é aquí ornamentado por unha grilanda de rosas e unha faciana de muller (Elizabeth Seadel) que observa dende o alto -unha constante neste tipo de edificios-.

  1. Rúa Compostela 8. Julio Galán 1910. Os teitos, paredes e arcos converxen nun invernadoiro con plantas de diferentes tipos ao tempo que leóns e águias dende a cornixa defenden a casa. A escaleira inspírase na Biblioteca laurenciana de Florencia.

  2. Kiosko Alfonso (xardíns de Méndez Núñez). Rafael González Villar 1913. Convertido en sala de exposicións e conferencias, mantén a decoración modernista orixinal. Os vidros responden ao deseño do pintor surrealista galego Jorge Castillo.

  1. Rúa Real 22. Antonio de Mesa 1909 (remodelada por Julio Galán en 1910). As nacións celtas, da que Galicia é a gran descoñecida, incidiron pola súa vexetación típica na conformación da fachada deste edificio con froitos, pólas e rosas abstractas...

  1. Casa Fonte de San Andrés (Rúa Fonte de San Andrés 1). Julio Galán 1911. Inspirada nas obras dos arquitectos modernistas austríacos Gangl e Stigler e do belga Paul Hankar (Art Nouveau).

  1. Casa Rei (Praza de María Pita 12). Julio Galán 1911. Dous lados unidos por unha curva, os tres acristalados, cunha ringleira de balcóns da fundición Wonemburgerade soportados por cabezas femeninas, as cerámicas dos vidros de inspiración mudéxar, e o contraste entre o blanco das galerías e o negro do ferro forxado, fan da Casa Rei unha das xoias arquitectónicas da cidade.

  2. Casa Molina (Rúa Santiago 2. Paseo do Parrote). Rafael González Villar 1915. Influenciada polo modernismo italiano de Turín (Prima Esposizione Internazionale d Arte Decorativa Moderna de 1902), serviu como vivenda de Raimundo Molina, Cónsul dos Países Baixos e pai do alcalde Alfonso Molina.     

   

.

.

   

III. Ruta da Cidade Vella.

   

   A. Casa Museo Emilia Pardo Bazán (Rúa Tabernas 11). A casa natal de dona Emilia, na que a escritora pasou boa parte da súa vida, acolle tamén a sede da Real Academia Galega por expresa vontade das herdeiras da condesa, en agradecemento á institución que a nomeou presidenta honoraria desde a súa fundación o 30 de setembro de 1906.

http://casamuseoemiliapardobazan.org/

  B. Igrexa de Santiago. (Parrote 1). Do séculos XII-XIII. No frontal oeste represéntase ao Apostolo Santiago a cabalo.  

  C. Praza de Azcárraga. A Praza de Azcárraga é unha praza arbolada e peonil chamada antiguamente praza da Fariña, na que se vendía gran e se celebraban eventos.

  D. Casa de Rosalía de Castro. (Rúa Príncipe 3). A casa onde viviron o matrimonio formado por Manuel Murguía e Rosalía de Castro, ilustres galeguistas, entre 1870 e 1879. Rosalía Castro está considerada como a poetisa máis brillante do romanticismo tanto en lingua galega como española, e utilizou as súas obras literarias como espello da realidade de opresión vivida polo pobo galego por parte de Castela. As obras de Rosalía foron traducidas, entre outras linguas, ao alemán, francés, ruso ou xaponés.  

  E. Igrexa de Santo Domingo (Praza de Sto Domingo). Templo reconstruido ao estilo barroco na segunda metade do século XVIII. No interior pódese ver a Virxe do Rosario.  

  F. Convento e Praza de Santa Bárbara ou Praza das Bárbaras. Presidida por un dos poucos cruceiros que se conservan na cidade, debe o seu nome a unha antiga capela (de Sta Bárbara). A actual praza foi fundada no século XIV.  

  G. Casa Museo de María Pita (Rúa Herrerías).  A Casa onde viveu a coruñesa María Pita sobre a que recae o símbolo da defensa da cidade fronte ás tropas inglesas en 1589 (Ver Sec. Datos históricos). Nela, conservada como un vestixio da forma de vida do século XVI, atópanse información biográfica e social.  

  H. Colexiata de Santa María do Campo (Sta María).  Construíuse a finais do século XIII. De estilo románico recibeu o uso de colexiata dende primeiros do s. XV. Moi probablemente á referencia nominal provén da súa situación fóra da Cidade Vella nesa época. Contén o Museo de Arte Sacro. 

  I. Xardín de San Carlos e Bastión. (Ver sección “Lecer”) 

  .I. Arquivo do Reino de Galicia (no Xardín de San Carlos). O Reino de Galicia ou de Galiza foi unha entidade política milenaria situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou todo o noroeste da Península ibérica, converténdose nun dos territorios máis importantes da Europa occidental. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). É o precedente histórico da rexión galega.  O arquivo exerce funcións de Arquivo Histórico Xeral de Galicia. O núcleo dos fondos provén dos procedementos da Real Audiencia de Galicia. Porén, desde mediados do século XIX foi adquirindo fondos de orixe diversa, até chegar a máis de 250. No caso de diversos diplomas en pergamiño, remóntanse ao século IX.

  K. Museo Militar (Praza de San Carlos s/n) 

  L. Castelo de San Antón.  (Ver sección Lecer Apartado 4).

.

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados