E-distrito

Noticias

A Xunta prohibe o acceso a ximnasios, o acompañamento a hospitais, e acudir a eventos multitudinarios ás persoas sen Certificado Covid.

A Xunta prohibe o acceso a ximnasios, o acompañamento a hospitais, e acudir a eventos multitudinarios ás persoas sen Certificado Covid.

  Seguen tamén en vigor as restriccións de acceso a restaurantes, albergues, discotecas, e bares a partires das 21:00 h

  As novas normas entran en vigor este sábado.

  17 decembro 2021

  A Xunta publicou novas normas para atallar o incremento dos últimos días da sexta vaga da pandemia por Covid-19. A través do Diario Oficial da Galicia (DOG), endurécense os eventos de Nadal , coa prohibición de cócteles, e esténdese o certificado covid (polo momento para maiores de 12 anos) para máis actividades.

  Esta pasada quinta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurara que non se impoñerían medidas adicionais se a situación non empeoraba.

  Como normativa xeral, en Galicia era preciso o certificado covid, á poboación maior de 12 anos, para acudir a restaurantes, a bares a partir das 21 horas, aos albergues de peregrinos, a discotecas e a visitar a algún paciente ingresado.

  Porén, desde este sábado, como se confirmou coa publicación esta sexta feira no DOG das novas normas, tamén será preciso o pasaporte covid para a práctica deportiva non federada -como entrar en ximnasios e en piscinas-, para as persoas visitantes e acompañantes a centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade; para visitantes e acompañantes de pacientes en hospitais de día para tratamento oncolóxico e de diálise e hoteis de pacientes; e para acceso a eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos e bebida para o seu consumo durante estes días.

  Ademais, a Xunta publicou a prórroga do certificado  covid en hostalaría (para restaurantes todo o día e outro tipo de estabelecementos desde as 21 horas), coa novidade incorporada de que quedan prohibidos os eventos de cócteles de pé e actos de recepción con aperitivo. Cabe lembrar que en hostalaría reducíronse as mesas a oito comensais en interior e 15 en terraza.

  Esta medida en concreto entrará en vigor a semana vindeira, é dicir, os cócteles que estivesen de antemán programados para esta fin de semana -do 18 e 19 de decembro- están permitidos, de maneira que se endurecen as medidas para as datas festivas do Nadal.

  Estas medidas do Diario Oficial da Galicia estarán vixentes até o 18 de xaneiro.

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados