E-distrito

Noticias

Limitación de prezos de aluguer para vivendas de grandes propietarios, conxelación de prezos en zonas sensibles e bonos de axuda á mocidade.

  A nova Lei de Vivenda do Goberno de España pretende axudar á emancipación dos mozos e reducir os prezos do alugueiro. 

  O PP amosa a súa postura contraria á limitación dos alugueres e anuncia que ningunha Comunidade Autónoma do PP a aplicará.

  06 outubro 2021

  Un dos principais atrancos das negociacións para acordar os Orzamentos Xerais do Estado para 2022 entre as dúas formacións que sustentan o Goberno de España, o PSOE e Unidas Podemos, veu sendo o relativo ás medidas en materia de vivenda, segundo transcendeu. Os socios do Executivo central trasladaron este 5 de outubro que ese desacordo xa non existe: hai pacto para as contas porque o hai tamén para dar luz verde á primeira lei estatal de vivenda. 

  A lei definirá como grandes propietarios a quen posúan 10 ou máis vivendas. Para eles, contemplará medidas de limitación de prezos e, segundo PSOE e UP, tamén menos beneficios fiscais

  Á espera de que estas medidas se plasmen nas contas do Estado do ano vindeiro -previsiblemente, pasarán por un Consello de Ministros extraordinario esta semana- e mais no texto da propia lei e no resultado da tramitación parlamentaria de ambas normas, tanto os socialistas (por boca do propio Pedro Sánchez) como UP bosquexaron algunhas das medidas. Entre elas, adiantan, figura a limitación de prezos para vivendas que aluguen grandes propietarios e un bono de axudas directas para mocidade que viva de alugueiro, ao xeito da coñecida como Renda Básica de Emancipación impulsada en tempos de Zapatero e, no caso galego, semellante ás achegas impulsadas pola Xunta en varias etapas.

  No que atinxe á regulación de prezos, segundo cita eldiario.es, a lei de vivenda contemplará o xa anunciado índice público de prezos de referencia do alugueiro para zonas consideradas como "tensionadas". Eses límites afectarán a propietarios de 10 ou máis vivendas, para os que ademais -segundo avanzou UP- serán revisadas as bonificacións de impostos. No caso de propietarios de menos dunha decena de pisos, a lei contemplará conxelacións de prezos e incentivos para baixalos, adiantaron sen detallar máis polo momento.

  O "bono" de alugueiro anunciado por Sánchez serán 250 euros durante dous anos para mocidade de entre 18 e 35 anos que ingrese ata 23.725 euros anuais

  Unha reserva do 30% para pisos protexidos en novas promocións de vivenda (a metade, en alugueiro a prezo limitado) ou a posibilidade de gravar con ata un 150% adicional o imposto de bens inmobles (IBI) para as vivendas baleiras son outras das medidas avanzadas nun contexto no que, non obstante, non todas estas medidas serán de aplicación directa. Boa parte delas dependerán, no caso galego, da Xunta; é o caso das limitacións de prezos. E tamén dos gobernos municipais de cada concello.

  Si dependen directamente do Estado as axudas para o alugueiro na mocidade, concretadas por Pedro Sánchez minutos despois de transcender o acordo. Trátase dun "bono" que nacerá cunha vixencia de dous anos e estará dotado con 250 euros ao mes. Poderán acceder a el persoas de entre 18 e 35 anos que ingresen menos de 23.725 euros ao ano. Segundo La Moncloa, ese bono "poderá completarse con máis axudas directas ao alugueiro de ata o 40%".

  Defende Sánchez que esta axuda é un complemento da propia lei de vivenda, que pretende dar "cobertura xurídica á vivenda social e protexida". Tamén, mantén, das medidas aprobadas no Consello de Ministros deste xoves para incentivar a rehabilitación de vivendas. Resta saber, en calquera caso, cantas destas medidas serán finalmente aplicadas polas comunidades autónomas e os concellos e tamén cal será o efecto das axudas directas no mercado de alugueiro. Están aínda por coñecer, tamén, os criterios que definirán esas zonas de mercado tensionado para poder saber se algunha delas se atopa ou non en Galicia.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados