O xornal de Pedro J fai a afirmación sen amosar ninguna proba da acusación e escudándose no "Según fuentes cercanas a la investigación".
Os Riazor Blues emiten un comunicando negando calquer vinculación co detido e acusando ao xornal de manipulación e de "utilizar de xeito despreciable" un asasinato para intoxicar.
12 xullo 2.021
Entre os arrestados polo asasinato de Samuel Luiz hai un mozo identificado co alcume de "Yumba". Sen amosar ninguna proba ou indicio que poida alomenos xustificar a motivación da publicación, o xornal El Español do polémico Pedro J Ramírez sinalaba hai tres días que este é unha persoa "próxima" aos "Riazor Blues", peña histórica de afeccionados ao Deportivo da Coruña identificados políticamente co espectro político da esquerda nacionalista. Algúns dos persoeiros que xa se fixeron eco de este bulo axudando a propagalo foron Alvise Pérez e Toni Cantó.
Segundo "El Español", "Yumba", o nome do arrestado ao que se refire a nova, foi un dos que participaron no segundo ataque (polo tanto, no asasinato) de Samuel xunto con outros detidos. De feito, está entre os detidos que foron arrestados o venres pasado, baixo o réxime de prisión provisional sen fianza.
Os Riazor Blues emitiron un comunicado en forma de fío de twitter negando calquera relación con Yumba, preguntándose onde están as probas que vinculan a "Yumba" con este grupo de fans e condenando os feitos.
Denuncian que non hai "información que xustifique ese titular" e que deste xeito se está a ignorar o "respecto á vítima". "Móvense unicamente polo desexo de manchar a nosa imaxe", sinalan. Así mesmo, solicitan unha rectificación aconsellando que adoptarán "as medidas oportunas contra este xornal". "Só a escoria máis desprezable da sociedade pode usar este asasinato para intoxicar o noso nome", lamentan.
Comunicado completo dos Riazor Blues:
"Onde están as probas que relacionan ese individuo con Riazor Blues? Onde podemos coñecer esa proximidade co noso grupo? Esa información non aparece na noticia nin vai aparecer ningunha proba desa relación, porque non existe ningunha vinculación desa persoa con Riazor Blues.
O traballo de manipulación que realiza a prensa no Estado español non ten límites nin escrúpulos. Estamos á espera dunha rectificación que negue a relación con alguén que nin coñecemos. No caso de que non se produza, tomaremos as medidas oportunas contra este xornal.
Só a escoura máis desprezábel da sociedade é capaz de utilizar este asasinato para intoxicar o noso nome. Sen ningún tipo de información que xustifique ese titular, sen ningún respecto pola vítima, móvense unicamente polo afán de manchar a nosa imaxe.
Condenamos unha vez máis as agresións homófobas que se produciron nas últimas semanas. Unha condena que se estende para a prensa que aproveita esta ocasión para publicar os seus enganos e manipulacións".
Derivado de Contrainformación.es
Foto: Samuel