E-distrito

Noticias

O Goberno de España desbloquea o tren ao porto exterior da Coruña e deixa no aire o futuro dos terreos portuarios da cidade

O Goberno de España desbloquea o tren ao porto exterior da Coruña e deixa no aire o futuro dos terreos portuarios da cidade

  O Goberno de España desbloquea o tren ao porto exterior da Coruña e deixa no aire o futuro dos terreos portuarios da cidade.

  12 abril 2021

  O ministro de Transportes e Mobilidade, José Luis Ábalos, anunciou este venres tras a xuntanza mantida, entre outros, con Núñez Feijóo e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, polo futuro dos peiraos coruñeses, que haberá un "novo convenio" entre as administracións para decidir o futuro da nova fachada marítima da cidade. 

  Ese novo pacto entre Ministerio, Xunta, Concello e Autoridade Portuaria, substituirá ao de 2004 e buscará redeseñar os peiraos interiores tras o traslado da súa actividade ao porto exterior de punta Lagosteira, actuación clave que agora queda algo máis despexada ao anunciar o ministro a demandada conexión ferroviaria ao porto exterior. 

  Estes son, segundo Ábalos, algúns dos acordos "necesarios" para "construír un futuro" para a cidade e os seus peiraos. Outro, destacou, é a "reestruturación" da débeda que a Autoridade Portuaria mantén con Puertos del Estado --uns 200 millóns de euros--, "de forma que se garanta o futuro do Porto, o desenvolvemento da cidade e a viabilidade da operación". 

  Ábalos limítase a advertir da necesidade dun "uso e aproveitamento responsable e consensuado dos terreos liberados" no porto

  Nada dixo o ministro --tampouco o presidente da Xunta nin a alcaldesa da cidade-- sobre como se vai reestruturar ou pagar esa débeda, logo de que Feijóo apostase non hai moitos días pola construción de vivendas nos peiraos interiores de San Diego, un espazo inmenso de 370.000 cadrados a cuxa operación inmobiliaria se opoñen rotundamente Marea Atlántica ou o BNG, que reclaman tamén a condonación da débeda que desbota o Estado.

  Nunha nota de prensa, o ministro Ábalos advirte unicamente da necesidade dun "uso e aproveitamento responsable e consensuado dos terreos liberados, xestionado por un instrumento xurídico no que participe a Autoridade Portuaria, a Xunta e o Concello da Coruña". 

  Adif construirá a conexión ferroviaria con puta Lagosteira, que será financiada con fondos europeos

  Mentres a reunión entre as diferentes administracións se producía en Santiago, á entrada dos representantes membros da Marea Atlántica protestaban contra o que consideran unha intención conxunta de "vender o porto". "Queremos un porto, non unha urbanización con vistas", din. 

  O que si confirmou Ábalos foi o desbloqueo por fin do tren a punta Lagosteira, unha conexión que será financiada a través do Mecanismo de Recuperacion da UE, os fondos europeos Next Generation, e construído por Adif. Unirá cunha liña ferroviara de pouco máis de 6 quilómetros o porto exterior de Arteixo co corredor atlántico de mercadorías, cumprindo cunha demanda que duraba anos.  

  A alcaldesa da Coruña asegurou que o investimento, duns 140 millóns, "será o maior do Estado en 20 anos", pagado con fondos europeos, e destacou a xestión do seu goberno municipal para desatascar unha obra que levaba "oito anos bloqueada". 

  Desde o BNG, a súa portavoz nacional, Ana Pontón, advertiu de que a súa formación "non vai permitir que o que recibiron outras comunidades se lle negue a Galiza". "Por que o Estado asume a débeda do Porto de Valencia, 300 millóns de euros, pero se nega a facer o mesmo co Porto da Coruña?", preguntuose.

  Derivado de Praza

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados