Catro meses e dez días despois de que Galicia saíse do primeiro estado de alarma decretado para facer fronte ao coronavirus, que se prolongou durante tres meses, o Goberno central vén de decidir aplicar novamente esa figura excepcional coa que amparar novas restricións de liberdades que poidan decidir as comunidades autónomas. Unha situación similar á que se deu durante a última semana do anterior estado de alarma, cando na denominada Fase 3 do desconfinamento o Goberno central decidiu que a máxima autoridade non fose só o ministro de Sanidade senón tamén o presidente de cada comunidade pero que agora se prolongará durante seis meses e trae consigo de entrada un confinamento nocturno ou toque de queda que cada comunidade poderá modular lixeiramente.
Sánchez di que os seis meses poderían ser menos se a situación mellora pero que “os expertos estiman que ese é o tempo que necesitamos"