E-distrito

Noticias

Os incendios devoran un dos grandes parques naturais galegos: o Xurés

Os incendios devoran un dos grandes parques naturais galegos: o Xurés

  Xa van 450 hectáreas queimadas, só no lado galego. Desde o xoves houbo seis incendios provocados neste parque natural.

  10 agosto 2020

  Dous incendios forestais, un activo en Lobios e outro estabilizado en Muiños, afectan a un dos grandes parques galegos, o Parque Natura Baixa Limia-Serra do Xurés, tras queimar unhas 400 e 50 hectáreas, respectivamente. Con todo, esta superficie queimada é maior se se lle suma as hectáreas queimadas do lado portugués, onde Peneda- Gêres é considerado un Parque Nacional, aínda que as autoridades lusas non as teñen contabilizado aínda.

  Segundo informou a Consellería do Medio Rural, desde as 8,00 horas deste sábado segue activo o incendio declarado na parroquia de Manín en Lobios, no que faleceu o piloto dun hidroavión portugués e o copiloto resultou ferido. O helicóptero "Pesca 1" da Xunta desprazouse ao lugar para asistir aos ocupantes da aeronove. O ferido, que sufriu politraumatismos, foi trasladado a un hospital luso por un helicóptero medicalizado do país veciño.

  As últimas estimacións sitúan a superficie afectada nunhas 400 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Srra do Xurés, despois de entrar o lume por Portugal. No seu control traballaron até o momento un técnico, 13 axentes, 35 brigadas, 15 motobombas, dúas pas, nove avións e nove helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

  Cuarto incendio en Muiños

  Pola súa banda, desde as 2,50 horas deste luns permanece estabilizado un novo incendio no municipio ourensán de Muiños, na parroquia de Requiás, que tamén afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Este lume orixinouse ás 1,07 horas e as primeiras estimacións sitúan a superficie afectada nunha hectárea rasa. Foron mobilizados dous axentes, catro brigadas e dúas motobombas.

  Medio Rural subliñou que se trata do cuarto incendio rexistrado nesta parroquia ourensá e o sexto que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés desde a noite do pasado xoves. Entre eles atópese outro lume que se iniciou o venres e quedou controlado ás 21,07 horas deste domingo na parroquia de Requiás.

  Este incendio afecta a unhas 50 hectáreas provisionais. Para a súa extinción foron mobilizados até o momento seis axentes, 24 brigadas, 16 motobombas, unha pa, nove avións e sete helicópteros.

  Controlados

  Mentres, segue controlado desde as 19,43 horas deste domingo un incendio na parroquia de Moreiras no municipio ourensán de Toén que se iniciou o venres e afecta a unhas 250 hectáreas.

  Pola súa banda, segue controlado desde as 19,53 horas deste domingo o incendio declarado no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, na parroquia de Requeixo. Este lume orixinouse o sábado e, segundo as últimas estimacións, queimou unhas 25 hectáreas. No seu control traballaron até o momento catro axentes, 12 brigadas, dúas motobombas, dous avións e tres helicópteros.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados