E-distrito

Noticias

Por primeira vez desde os inicios da alerta sanitaria os hospitais galegos non comunican novas mortes

Por primeira vez desde os inicios da alerta sanitaria os hospitais galegos non comunican novas mortes

  A cifra oficial de falecidos mantense en 547.

  30 abril 2020

  Por primeira vez desde os primeiros días após a declaración da alerta sanitaria, os hospitais galegos non comunicaron este mércores á Consellería de Sanidade ningunha nova vítima mortal con COVID-19 en Galicia, co que a cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas do martes.

  O mesmo ocorre coas vítimas mortais en residencias de maiores, que se informan unha vez ao día. Na comunicación desta cuarta non se informou de novos falecementos.

  Este sería, así, o primeiro día no que os hospitais galegos non comunican novos mortos desde que se iniciase a emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus, a mediados do mes de marzo.

  A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse en Galicia o pasado 14 de marzo, cando faleceu unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.

  Derivado de NósDiario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados