E-distrito

Noticias

ANÁLISE. Quen está detrás dos perfiles falsos que apoian ao goberno en redes sociais?. Por Carlos Rei Ermida.

ANÁLISE. Quen está detrás dos perfiles falsos que apoian ao goberno en redes sociais?. Por Carlos Rei Ermida.

 Hai un dito que afirma que para dar coa verdade hai algo máis importante que as respostas: facer as preguntas axeitadas.

  22 abril 2020

  O día de onte a meirande parte de xornais españois facíanse eco da existencia dunha rede de perfiles falsos en redes sociais cuxa única finalidade sería a viralización de mensaxes positivos de cara ao goberno. Estos perfiles, que segundo a maioría de referencias se contarían por varios centos, terían sido creados en 24 ou 48 horas con fotografías sacadas de bases de datos públicas e sen actividade "social" agás a da propia viralización das devanditas mensaxes. Os partidos da dereita política estatal así como os medios afíns solicitaban aclaracións ao goberno do estado sobre este proceder. Por outra parte, o Ministerio de Sanidade alertaba o pasado día 17 de que estaba sendo víctima de "actividade fraudulenta por parte de diversas cuentas aparentemente falsas que generan interacciones masivas en publicaciones concretas de la cuenta" e o goberno tamén declaraba ser víctima de esa campaña. Facebook anunciou unha investigación.

  Hai un dito que afirma que para dar coa verdade hai algo máis importante que as respostas: facer as preguntas axeitadas. Pero antes diso deberiamos pór en situación ao lector neófito na materia.

  Pódese dicir que hoxe en día a utilización de perfiles falsos está completamente popularizada e que a expansión de tal práctica abrangue a amplísimos sectores sociais ata o extremo de que calquera persoeiro/a con certo nivel de coñecemento (cantantes, actores, influencers...) entre a opinión pública contaría nas súas redes sociais cunha porcentaxe de seguidores que aínda nos mellores casos non baixaría do 15%. Mais na maioría de casos esa porcentaxe se multiplicaría. E iso non significaría necesariamente que ditos perfiles encamiñaran as súas accións a xerar esa afluencia, aínda que por suposto, moitos si o fixeron. Cal é o motivo de esta proliferación tanto voluntaria como involuntaria, dos perfiles falsos? 

  Hai uns meses unha colega (que ademais traballa como Community Manager) contábame que o que realmente lle interesaba era os perfiles de xente real e non os falsos, que non entendía por que estos últimos estaban a acadar tanta trascendencia. O razoamento era profundamente equivocado e os motivos son moitos pero fundamentalmente poden resumirse ao mínimo en dous: 1. É moi complicado ter o control total de perfiles reais (implicaría que as persoas que están detrás deles obedecen cegamente as ordes (campañas) dos creadores de opinión, e 2. propiciaría un inxente traballo de reclutamento dun exército de usuarios de carne e oso dispostos a seguir instruccións; un traballo que se reduce ao mínimo cando os perfiles son falsos. Neste punto o lector apreciará que a clave está na palabra "control". En efecto, o que permite a viralización -que as mensaxes sexan divulgadas a decenas ou centos de miles de persoas, ás veces millóns- é que se exerza control total sobre un número amplo de perfiles, que serán os que expandan os contidos. Como exemplo, se eu quero convertir en multitudinaria a mensaxe "X é o mellor político do mundo" só tería que crear uns centos ou miles de perfiles falsos e dende eles promover esa mensaxe; facer iso mesmo con usuarios reais sería moito máis difícil, requerería un traballo de coordinación extenso e sería moito máis doado de descubrir debido ao gran número de persoas implicadas.

  Volvendo ao tema, quen está detrás da campaña?

  Outro dato que hai que ter en conta á hora de organizar campañas e crear perfiles falsos é o prezo. Para iso partimos de dúas premisas: o uso de redes sociais (e a creación de perfiles) é gratuíto, as accións encamiñadas a facer medrar publicacións -Gústames e Compartir- son igualmente gratuítas, e as campañas de pago que a propia compañía, Facebook, ten para promocionar contidos son moi económicas. Por outra parte existen empresas especializadas no desenvolvemento de campañas que xa dispoñen profesionalmente de milleiros de perfiles falsos para acometer a súa labor profesional. Estas empresas (moitas radicadas en outros países e con repercusión internacional) realizan traballos tamén a prezos ínfimos e a súa contratación está moi popularizada xa que evitan todo o traballo previo. É infinitamente máis doado gastar unha cantidade simbólica que desenvolver unha rede de perfiles falsos.

  Sabendo todo isto voltamos ao que nos atingue. Para saber quen está detrás dunha campaña buscamos lóxicamente a quen favorece e establecemos un conxunto de sospeitosos. Sen entrar en detalles, a quen favorece inicialmente é ao goberno, e respecto á segunda pregunta, dado que estamos a tratar do eido político as opcións reduciríanse a aparatos dos partidos gobernantes ou da oposición (logo veremos o porqué). E incluiríamos neste caso a sectores políticos afines tanto a goberno como a oposición, pero que non son nin o goberno nin a oposición (grupos de influencia ou simpatizantes). Por ende habería catro actores sospeitosos: goberno ou afines independentes, e oposición ou afines independentes.

  Opción 1. O goberno. É factible que membros ou equipos de algún dos partidos que conforman o goberno poidan ter desenvolvida esta campaña? 
  - Difícilmente. As características da campaña están moi definidas e deixan entrever rasgos definitorios. Un deles é a mínima profesionalidade. Cando se fai unha campaña de este tipo o obxectivo é que se chegue aos resultados definidos deixando a menor pegada posible. A mellor campaña é a que oculta ou disimula os perfiles falsos que serviron para encumbrala. Neste caso parece que o buscado é o diametralmente oposto. Perfiles falsos cunha gran cantidade de nomes estranxeiros e fotos de perfil que semellan mulleres modelos. É crible que centenares de mulleres xóvenes e fermosas con nomes estranxeiros estén viralizando mensaxes favorables ao goberno de España? Rotundamente non. Pode responder a que a campaña é tan "barata" que non permite un know-how máis profesional? Procedendo de instancias gubernamentais, tampouco. 

  Opción 2. A oposición. Poderían os partidos da oposición ter confeccionado unha trampa para simular unha campaña absurda atribuída ao goberno e que rematase desgastando a imaxe do mesmo? 
  - En principio non é unha posición en absoluto ética; incluso comprendendo que a ética non é unha constante na vida política española, esta acción iría aínda máis aló ao actuar facéndose pasar por un partido rival (o cal non é frecuente ata o de agora). Agora ben, existen datos contrapostos sobre esta posibilidade. Por unha banda, ata o momento os partidos que foron sancionados en redes sociais foron PP e Vox, os primeiros por desenvolver unha rede de perfiles falsos con fines políticos e os segundos pola propagación de bulos. O PP negou que esa trama identificada por Facebook tivese que ver con eles pese a que a rede social identificou a membros do partido; Vox, en cambio, acusou as redes sociais de esquerdistas e de practicar a censura. Pola outra banda, ambos partidos posúen expertos en comunicación que poderían realizar un traballo moito máis efectivo (aínda que a finalidade fose a culpabilización do rival). 

  Opción 3. Sectores afíns aos partidos do goberno. Unha campaña fallida por parte de grupos inexpertos progubernamentais?
  - Como opción cicais sexa a máis errática e por tanto o grado de credibilidade sexa baixo. Podería un grupo inexperto e con poucos cartos organizar unha campaña completamente carencial que acabase cun efecto boomerang perxudicando a quen debería beneficiar? En principio, non, e se o fixera ou ben debería contar co apoio de alguén cun mínimo coñecemento (que non é o caso) ou co asesoramento dalgunha instancia máis elevada, que obviamente non existiu. 

  Opción 4. Sectores afíns á oposición. Grupos de presión especializados na difusión de bulos?
  - Chegados a este punto podemos ter claro que calquer persoa con coñecementos en rede a nivel usuario podería, sen problemas, ter levado a cabo esta acción, e do mesmo xeito, que ningún profesional se involucraría en tal campaña coas características amosadas e nos termos establecidos. Intuímos pois con bastante seguridade que non se trata dun traballo dunha axencia. Unha conclusión complementaria indicaríanos da mesma maneira que a finalidade da campaña non era potenciar contidos senón ser descuberta e denunciada. As imaxes de perfil dos perfiles falsos foron actualizadas o 17 de abril e as sospeitas apareceron de feito a pasada fin de semana. O 20 de abril o Ministerio de Sanidade avisa na súa conta oficial de que detecta actividade sospeitosa. Por que o goberno ía a avisar en cuestión de días dunha campaña para viralizar os seus contidos se a tivesen realizados eles mesmos? 
  A faciana real de toda a operación parecería ser, pois, a creación dunha campaña viral simulada cun orzamento anecdótico (un centenar ou varios de "bots" promocionando contidos teñen un coste insignificante) destinado á viralización de contidos gubernamentais para posteriormente poder culpar a ese mesmo goberno; o feito de que pasasen tan poucos días entre o investimento e a publicación da trama coincidiría plenamente coa actuación de algún grupo mediático que tivese programada toda a estratexia, e sobre todo, esta opción seguiría parámetros lóxicos na planificación dos feitos como na resolución e obxectivo final. A escolla de facianas pertencentes a mulleres atractivas apuntaría a un desexo expreso por destacar na fraude. Por último, este tipo de actuación tampouco ten ningunha repercusión legal nin constitúe ningún delito: as empresas que se contratan exercen a súa labor legalmente, os perfiles falsos son unha problemática das empresas propietarias das redes sociais, e a promoción de contidos ou a súa viralización non inclumple ningunha normativa agás as normas de conducta estipuladas por esas redes sociais. 

  Aínda sen datos todos os camiños levan a Roma.

  - Opinión. Carlos Rei Ermida é Mánager de E-distrito, realiza espazos web e ten experiencia en Márketing en Redes Sociais para partidos políticos.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados