Acusan ao goberno local de perder 15 millóns de euros de fondos Eidus imposibles de reclamar, ou de non obter financiamento para a Intermodal que a propia UE mantén en vigor.
A información, non contrastada, se corresponde con argumentos esgrimidos por concelleiros do PP e promovidos por La Voz de Galicia.
10 decembro 2018
Fondos Eidus.
El Ideal Gallego publicou con data 10 de decembro unha nova asinada por David García e titulada "La gestión municipal impidió contar con 30 millones de euros en ayudas" (ligazón: https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/gestion-municipal-impidio-contar-30-millones-euros-ayudas/ ). Nela afirman: "Por cantidad, el revés más grande se produjo hace dos años con los fondos de la Estrategia Integrada de Desarrollo Urbano Sostenible (Eidus). Fueron 15 millones de euros los que el Gobierno local no pudo conseguir en la primera convocatoria de estas ayudas después de diseñar su propuesta en solitario. Después del rechazo de la Unión Europea a la apuesta de la Marea, el equipo de gobierno se vio obligado a rectificar y solicitar la participación de la oposición de cara al segundo intento, en el que se consiguieron 15 millones de euros, que se podrían haber sumado a una cantidad idéntica en caso de haber tenido éxito en la primera convocatoria".
Con carácter electoralista (o xornal considera que o fracaso da primeira convocatoria é culpa da Marea pero que o triunfo da segunda é grazas á suposta axuda da oposición) o artigo incurre en erros graves debidos ou ben ao descoñecemento ou no peor caso a unha campaña política intoxicadora.
De feito é correcto que en primeira convocatoria os fondos Eidus -15 millóns- non foron conseguidos e o equipo de goberno tivo que recurrir á solicitude da segunda convocatoria polo mesmo importe. O importante erro que comete a publicación consiste en asegurar que cando o Concello coruñés logra acceder a esos outros 15 millóns de euros na segunda convocatoria, acádase a mitade do montante total, e que "se podrían haber sumado a una cantidad idéntica en caso de haber tenido éxito en la primera convocatoria".
A realidade é que ambas convocatorias son excluíntes e que as solicitudes que xa conseguiron os fondos na primeira convocatoria non podían presentarse á segunda; o máximo importe era, por tanto, de 15 millóns. O tema non deixa lugar a dúbidas ao consultar o apartado "Quinto. Formalización y presentación de solicitudes" do BOE "Orden HAP/1610/2016, de 6 de octubre, por la que se aprueba la segunda convocatoria para la selección de Estrategias de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado que serán cofinanciadas mediante el programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020" o cal define que "Se considerarán decaídas las solicitudes de aquellas entidades locales cuyas Estrategias DUSI hayan sido seleccionadas en la primera convocatoria (Orden HAP 2427/2015) y hayan manifestado su aceptación". [Fonte: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2016-9222 ]
Este feito concluínte choca coa versión que dous concelleiros do PP, Mantín Fernández Prado e Rosa Gallego, ofreceron no seu momento e que foi amplamente publicitada por La Voz de Galicia. Este enunciado non se basa por ende en datos contrastados, senón según pode vislumbrarse, ou nas declaracións de concelleiros do PP ou na versión dos feitos ofrecida polo xornal con sede en Arteixo.
Outros.
Igualmente se mencionan outros casos polémicos entre os que destaca a evolución de Coruña Smart City e no que tamén se responsabiliza ao goberno municipal do descenso de fondos. O Concello da Coruña contou, na lexislatura na que o alcalde era Carlos Negreira, coa colaboración de Indra nun programa profundamente difundido. En marzo de 2016, un ano despois das eleccións municipais que significaron o abandono do poder do PP coruñés e a entrada da Marea Atlántica, o proxecto Coruña Smart City foi seleccionado como "Best Practice Internacional" no informe Smart City Index de EY. Alberto Bernal, responsable da Práctica Global de Territorios e Comunidades Intelixentes de Indra, calificaba como un éxito a evolución e aplicacións do programa.
Por último, outra das graves inconcrecións do artigo identifícase coa Estación Intermodal, cando enuncia: "También la Unión Europea iba a aportar ocho millones de euros con los que se financiaría la construcción de la estación intermodal, una ayuda que ya no se podrá utilizar. Los cambios planteados por el Gobierno municipal una vez que ya estaba redactado el proyecto constructivo obligaron a echar abajo este plan y comenzar de cero. Esto supuso un retraso en unas obras que no estarán finalizadas hasta dentro de cuatro o cinco años, mientras que la condición de la Unión Europea era que la infraestructura estuviese culminada en 2020".
Dende E-distrito non entramos en que se o proxecto era mellor ou peor antes de ser modificado polo Concello, pero parece bastante lóxico de todas maneiras que o Concello da Coruña queira coparticipar coa Xunta de Galicia no deseño dunha das obras que a priori serán das máis importantes dos vindeiros anos. El Ideal Gallego sí se posiciona contra o goberno municipal e a favor da Xunta, o cal pode responder á liña editorial do xornal, pero é moi cuestionable que asegure que os fondos para a Intermodal están perdidos e que será a Xunta que se fará cargo de todos os gastos, cando por unha banda nin están perdidos (a Comisión Europea informou que a data de implantación/execución completa dos proxectos será 2023) nin a Xunta está polo momento dando prioridade as obras (o presuposto autonómico para 2019 só figura unha partida de 15.000 euros para esta actuación.
Noticia relacionada: www.e-distrito.com/es/noticias/580/a-coruna-o-alcalde-reclamara-ao-presidente-da-xunta-a-tramitacion-urbanistica-da-intermodal-pola-via-de-urxencia
Redacción: Carlos Rei Ermida.
E-Distrito