E-distrito

Noticias

A xuíza da por pechado o caso de Lendoiro ao non apreciar delicto societario.

A xuíza da por pechado o caso de Lendoiro ao non apreciar delicto societario.

  O expresidente limpa a súa imaxe ante a persecución mediática de La Voz de Galicia e a petición de Tino Fernández de que fose procesado.

  Xuíza e fiscalía coinciden en que "no aparece debidamente justificada la perpetración del delito o delitos que han dado motivo a la formación de la causa y han sido objeto de denuncia e investigación". 

  Outros dos casos máis sonados de persecución do xornal coruñés foi o Concurso Eólico do Bipartito (onde a xustiza tamén lle deu a razón a éste), ou contra o exvicepresidente da Xunta Anxo Quintana (ao que nunca puideron acusar).

  14 xullo 2.018

  A xuíza Margarita de Ron Cambón decretou o sobresemento da causa seguida nun xulgado da Coruña contra Augusto César Lendoiro, expresidente do Deportivo da Coruña, por supostos delitos societarios nos seus últimos anos á fronte da sociedade deportivista. 

  A través de Santiago Aba Garrote, a Fiscalía xa solicitara o arquivo da causa por "non concorrer os requisitos esixidos pola xurisprudencia do Tribunal Supremo para cometer delito". O criterio da Fiscalía foi subscrito pola xuíza Margarita de Ron Cambón. Resulta que as dilixencias practicadas as irregularidades contables "non permiten acreditar a existencia dunha intención clara e directa de causar un prexuízo económico ao club por parte dos investigados, nin tampouco a vontade de lograr un beneficio económico directo de tipo persoal" de maneira de que nin Facenda nin a acusación foron capaces de cuantificar perxuízo económico para o clube derivado da actuación dirimida. Segundo a xuíza Margarita de Ron Cambón, do actuado "non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito ou delitos que deron motivo á formación da causa e foron obxecto de denuncia e investigación". Esta  xulgadora comparte todos e cada un dos argumentos esgrimidos polo Ministerio Fiscal no seu informe de data 11 de xuño no cal interesara o sobresemento da causa e o seu consecuente arquivo.  

  Ademais de Augusto César Lendoiro, figuraba como investigado un dos asesores xurídicos que traballou para o Deportivo da Coruña durante a súa etapa á fronte do consello de administración, o letrado coruñés Germán Rodríguez Conchado. Esta medida xudicial supón un novo revés para Tino Fernández, presidente do Deportivo da Coruña, da parte querellante. 

  Antes desta desavinza xudicial e doutros desacordos, a empresa da que é propietario Tino Fernández declarábase "orgulloso patrocinador do Deportivo da Coruña" (sic), o lema dos seus anuncios en Riazor durante o mandato de Lendoiro, quen entón sentía amigo seu. Aínda en maio, tanto o Deportivo da Coruña que preside Tino Fernández como o avogado dos accionistas que impulsaron a denuncia apremaron á xuíza a que procesase a Lendoiro. Queda agora por resolver a interrogante de por que Tino Fernández solicitou o procesamento cando non existen indicios na contabilidade de actividade delictiva. 

  Derivado de Mundiario

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados