Os alugueiros están a disparar os seus prezos nos últimos meses. Sábeno os e as estudantes universitarias que buscaron piso este verán ou seguen a buscar. Tamén as persoas ou familias que procuraron unha vivenda nos últimos tempos. O custo medio ao dun alugueiro superou en agosto os 500 euros no conxunto de Galicia, segundo os datos que ofrece o Observatorio da Vivenda da Galicia da Xunta a partir dos novos contratos asinados e fianzas depositadas.
Na maior parte das cidades os prezos dos novos contratos son aínda superiores, superando os 600 euros na Coruña (613,5) e rozando esa cifra en Vigo (590). Pontevedra (570,6) e Santiago (554,5) tamén se sitúan moi por riba da media galega.