En setembro do pasado ano, a Xunta expuxo ao Goberno de España que a súa "principal demanda" en materia de vivenda é a loita contra as ocupacións ilegais. Fíxoo malia admitir que non manexa "cifras exactas" ao respecto e mentres os datos oficiais do Poder Xudicial acreditan non só que este fenómeno é escaso, senón que é claramente minoritario fronte a outros problemas vinculados á vivenda, como os desafiuzamentos. Por cada novo caso de ocupación ilegal, Galicia rexistra trece desaloxos, segundo os datos máis recentes.
Estas posicións públicas do Goberno e do PP galego a respecto das ocupacións -case oito de cada dez, ademais, atinxen a propiedades dos bancos e non a vivendas de particulares- véñense enfatizando en vésperas das vindeiras eleccións municipais. Tamén tras poñer en marcha un servizo de asesoría antiocupacións que recibiu só 30 chamadas no seu primeiro ano de existencia.
"Interesa mover moito o dos okupas de Barcelona (...) sobre okupas e Colau", reclamou o secretario de Estado de Seguridade do Goberno de Rajoy ao máximo xefe da Policía na época, segundo publica El País