E-distrito

Noticias

España reclama na ONU 500.000 km2 de superficie mergullada ao norte de Galicia

España reclama na ONU 500.000 km2 de superficie mergullada ao norte de Galicia

  A batalla por esta anexión de territorio líbrase tras anos de expedicións e estudos por parte de expertos do Instituto Hidrográfico da Mariña

  16 xaneiro 2023

  O Goberno de España está a defender ante as Nacións Unidas (ONU) que a superficie do Estado é case o dobre da actual, se ao seu territorio emerxido se suman os preto de 500.000 kilómetros cadrados da plataforma continental mergullada no océano que considera que lle pertencen e que xusto está ao norte de Galicia.

  A batalla por esta sorte de anexión de territorio líbrase tras anos de expedicións e estudos por parte, entre outros, de expertos do Instituto Hidrográfico da Mariña, integrado na Forza de Acción Marítima da Frota da Armada Española e tamén de técnicos do Instituto Español da Oceanografía e do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Sempre cunha xustificación científica de man.

  Reclaman unha prolongación natural

  España non é o único país que reclama a súa plataforma continental mergullada, xa que na actualidade a ONU ten sobre a mesa máis de 60 solicitudes de diferentes Estados.

  Estes procesos iniciáronse por mor de que nos anos oitenta a Convención de Nacións Unidas sobre Dereitos do Mar incluíse no seu artigo 76 que os países ribeiregos tiñan dereito a reclamar unha ampliación das 200 millas náuticas que historicamente lles corresponden desde a súa liña de costa como Zona Económica Exclusiva.

  Esa ampliación podíase disputar a condición de que se demostrase científica e tecnicamente que o territorio mergullado é unha prolongación natural do emerxido, explica nun comunicado o equipo do Instituto Hidrográfico da Mariña implicado neste traballo.

  O artigo 77 precisaba que os dereitos dun país sobre ese territorio, que podería estenderse até un límite de 150 millas náuticas máis, serían de exploración, conservación e explotación do chan e o subsolo mariño. Polo tanto, a diferenza das primeiras 200 millas náuticas que constitúen a Zona Económica Exclusiva, non se inclúen nesta extensión os dereitos de explotación dos recursos da auga, como a pesca.

  En 1999 a ONU publicou as guías técnicas que permitirían aos Estados saber como se debía acreditar a superficie mergullada que quería reclamar e concedeu un prazo de dez anos para que presentasen as súas solicitudes. Ante a cantidade de reclamacións, tivo que prorrogar o prazo.

  Tres zonas obxecto de reclamación

  Durante estes anos, o Estado español presentou tres solicitudes de ampliación de extensión. Unha delas, denominada FISU, é unha superficie de 79.000 kilómetros cadrados, que está aprobada desde o 2009 e que debe repartirse entre España, Irlanda, Francia e Reino Unido.

  En 2009 España presentou a proposta para anexionarse entre 45.000 e 50.000 kilómetros cadrados ao norte de Galicia. Desta superficie, a ONU preaprobou uns 20.000 kilómetros aproximadamente, incluído o monte de Fisterra. Pero os expertos do Instituto Hidrográfico da Mariña cren que teñen datos para acreditar a ampliación até os 45.000 ou 50.000.

  En febreiro, o equipo viaxará á sede en Nova York da ONU para defender esta plataforma continental, polo que ?dentro dun ou dous anos poderiámolo ter aprobado?.

  En estudo está a terceira solicitude, uns 296.000 quilómetros cadrados de plataforma continental mergullada ao oeste de Canarias e cuxa reclamación se formalizou en 2014. O tres solicitudes, equivalerían case a 500.000 quilómetros cadrados, case a mesma superficie que España ten emerxida. ?Hoxe en día é practicamente imposible explotar nada a esas profundidades?, explicou o capitán.

  Trátase dun noiro, no que, por exemplo, na área de Galicia, sospéitase que podería haber gas ou xacementos de manganeso ou telurio ou outros recursos. ?Agora todo está máis enfocado á conservación que á explotación?, afirmou o capitán todo seguindo o establecido nas normativas europea e española. Pero ?iso non quita que teñamos os dereitos, e que nun futuro póidase explotar? este chan e subsolo mariño, opinou o capitán.

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados