E-distrito

Noticias

Os impostos temporais aos beneficios excesivos da banca e das eléctricas gravarán 4,8% e 1,2% respectivamente

Os impostos temporais aos beneficios excesivos da banca e das eléctricas gravarán 4,8% e 1,2% respectivamente

  O Executivo español recadará sobre 7.000 millóns de euros; o CNMV vixiará que as entidades non trasladen a suba aos clientes e imporá multas se o fan.

  29 xullo 2022

  Despois de que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciase durante o debate do Estado de Política Xeral, a creación de impostos de carácter temporal e "excepcional" sobre os beneficios "extraordinarios" das entidades financeiras e das empresas eléctricas e enerxéticas, no día de hoxe o Executivo estatal fixo pública a súa proposta.

  Así, gravarase con 4,8% os xuros e comisións netas da banca cando superen os 800 millóns de euros de ingresos.

  No caso das empresas enerxéticas, será 1,2% sobre as ventas totais das compañías que facturen máis de 1.000 millóns de euros anuais.

  Coa presentación desta proposta de lei no Congreso, o Goberno español comeza coa tramitación parlamentaria destes novos impostos que, de seren aprobados, estarán vixentes en 2022 e 2023.

  O obxectivo do Executivo de Pedro Sánchez é recadar uns 7.000 millóns de euros, sumando os 4.000 millóns de euros das compañías enerxéticas e os 3.000 obtidos das entidades financeiras.

  Aplicación de sancións

  A proposta do Goberno español tamén ten previsto que, no caso de que estas empresas opten por trasladar o aumento do custo do imposto aos seus clientes para evitar que que este reduza os seus beneficios, aplicarase unha sanción de 150% do importe que se aplique aos clientes.

  O organismo encargado de controlar que as compañías non leven a cabo estas prácticas será a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC). No caso das entidades financeiras, a CNMC desenvolverá este labor de maneira conxunta co Banco de España.

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados