"O candidato son eu". No debate previo á súa investidura como presidente da Xunta, Alfonso Rueda reafirmou en diversas ocasións a súa condición. Fíxoo en resposta ao grupo do BNG no que de forma sorpresiva Ana Pontón interpretou o papel dunha suposta investidura propia na que comenzou a anunciar medidas que supostamente tomaría.
A maioría absoluta do PP elixiu este 12 de maio nunha accidentada votación o ata agora vicepresidente como substituto de Alberto Núñez Feijóo na xefatura do Goberno galego coa oposición de BNG e PSdeG. Tras o seu discurso do pasado martes, no que combinou garantías de continuísmo con promesas de actualización dalgunhas políticas de Feijóo, quen xa é sexto presidente da historia da autonomía galega consumiu unha parte das súas intervencións en censurar a actuación do Goberno de España do PSOE e UP a través do voceiro do PSdeG.