E-distrito

Noticias

Pedro Sánchez anuncia que a bonificación de 20 centimos por litro de combustible será para toda a poboación.

Pedro Sánchez anuncia que a bonificación de 20 centimos por litro de combustible será para toda a poboación.

  Tamén rebaixará a prezo do gas, incrementará o Ingreso Mínimo Vital e limitará as subidas dos alugueiros.

  O Presidente do goberno anuncia un paquete de medidas por 16.000 millóns de euros até o 30 de xuño que será aprobado esta terza feira no Consello de Ministros.

  28 marzo 2022

  Pedro Sánchez avanzou esta mañá os eixos nos que van consistir as medidas que aprobará o Goberno para "repartir de forma xusta" os efectos da invasión de Ucraína. Fíxoo durante o encontro "Xeración de Oportunidades", un foro de Europa Press en colaboración con McKinsey & Companyna que o presidente do solicitou "a todos actores políticos, institucionais e sociais" que se unan "detrás deste plan de choque, para compartir está vez si, o sentido do mellor patriotismo".

  Ingreso Mínimo Vital e combustíbeis

  Sánchez avanzou un plan de choque contra as consecuencias económicas da guerra en Ucraína, un paquete de medidas por 16.000 millóns de euros, 6.000 millóns en axudas directas e rebaixas de impostos e 10.000 millóns máis en créditos ICO.

  As medidas, negociadas até esta mesma mañá no marco da coliación de Goberno, serán aprobadas polo Consello de Ministros esta terza feira e estenderase até o 30 de xuño.

  Entre os acordos pactados figura un aumento de 15% da contía do Ingreso Mínimo Vital e tamén unha limitación do incremento dos alugueiros de 2% desvinculándoo do IPC durante os tres próximos meses.

  O "Plan de Resposta" ao impacto da guerra en Ucraína tamén inclúe o veto aos despedimentos e unha bonificación mínima de 20 céntimos en cada litro de carburante ata o 30 de xuño a familias, traballadores e traballadoras, dos cales o Estado asumirá 15 e 5 as petroleiras.

  O prezo do gas

  Polo que respecta á parte enerxética, Sánchez anunciou que esta mesma semana España e Portugal presentarán a Bruxelas unha medida "excepcional e temporal" para fixar un prezo de referencia do gas, tras lograr no Consello Europeo do venres unha "excepción ibérica" que permita abaratar os prezos da electricidade en ambos os dous países.

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados