E-distrito

Noticias

Acordo entre Goberno e transportistas: rebaixa de 20 céntimos por litro no combustible e medidas por máis de 1.000 millóns de euros para o sector.

Acordo entre Goberno e transportistas: rebaixa de 20 céntimos por litro no combustible e medidas por máis de 1.000 millóns de euros para o sector.

  O Comité Nacional de Transportes por Estrada acada un acordo co goberno que a autoproclamada "Plataforma" convocante do paro boicotea. 

  25 marzo 2022

  O Goberno central e o Comité Nacional de Transportes por Estrada (CNTE) -órgano de negociación no que non está incluída a plataforma convocante do paro que suma xa doce días- alcanzaron un acordo a pasada madrugada que inclúe unha rebaixa de 20 céntimos por litro no combustible ata o 30 de xuño e medidas por máis de 1.000 millóns de euros para o sector. 

  No entanto, a Plataforma de Defensa del Transporte por Carretera que impulsou a protesta mantén os paros ao rexeitar o acordo subscrito pola representación maioritaria do sector e cualifícao de "migallas e propinas", segundo asegurou o presidente do colectivo, Manuel Hernández, nunha entrevista en RNE. Noutras declaracións, a entidade insiste en desbotar o pacto, advirte de "subvencións" e mesmo alerta de "saqueo" a través de impostos. 

  De feito, mantéñense mobilizacións e a plataforma maniféstase no centro de Madrid na mañá deste venres malia o acordo, con berros de "dimisión" dirixidas á minstra de Transporte, Raquel Sánchez, ou berros contra o Goberno de Pedro Sánchez. Ademais, Hernández cualifica de "mafia opresora" o CNTE que, pola súa banda, confiaba en que o acordo lograse "desconvocar" o paro, algo que non foi aínda posible de todo.

  En Galicia, durante a mañá, mantivéronse os piquetes ante o porto da Coruña á espera das asembleas para decidir se o paro se mantiña ou non.

  Logo dunhas doce horas de reunión, ese acordo especifica que máis de 600 millóns destinaranse a conceder unha bonificación de 15 céntimos por litro de combustible aos profesionais do sector, ao que se sumarán outros 5 céntimos -como mínimio- achegados pola petroleiras. Suporía, segundo o Goberno, un aforro mensual duns 700 euros por cada camión a gasóleo.

  Tamén se concederán outros 450 millóns en axudas directas tanto ao transporte de mercadorías como ao de viaxeiros, procedentes dos orzamentos públicos: 1.250 euros por camión, 950 euros por autobús, 500 por furgoneta e 300 por vehíuclo lixeiro (taxis, ambulancias e VTC), cun límite de 400.000 euros máiximo por empresa. 

  Ademais, o acordo inclúe ampliar o prazo de vencemento dos préstamos ICO ao sector e duplicar o orzamento para axudas ao abandono á profesión de transportiasta, ata os 20 millóns. 

  O Goberno central comprométese a elaborar un borrador de proxecto de lei para aplicar no transporte os principios da lei da cadea alimentaria

  Outro dos aspectos clave do acordo é que o Executivo comprometeuse a enviar ao CNTE antes do 31 de xullo un borrador de proxecto de lei para aplicar ao sector do transporte "os principios da lei da cadea alimentaria" -que abrangue o agro e que as administracións non son quen de que se dea cumprido- para evitar un abuso de subcontratación e impedir que se pague polos servizos un prezo por baixo dos custos.

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados