E-distrito

B. 109 - Ensanche /ampliación.

  • Actividades
  • Comercios
  • Roteiro

Hostelería. Alimentación. Música, salas, material

Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros. Música. Salas de concertos, material..

Compras

Bebé e infantil (roupa, calzado e accesorios). Deportes (roupa e calzado). Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Fotografía. Tecnoloxía.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Mercería, Arranxos. Perfumaría, Cosmética, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..

Sector ecolóxico e vexetariano. Produtos sustentables.

Produtos sostibles.

Peiteado / Estética / Masaxes / Ximnasios-Ioga / Tatuaxes

Ximnasios. Ioga. Pilates. Beleza. Peiteado. Estética, Relax e masaxes.. Tatuaxes.

Decoración / Iluminación/ Profesionais / Maquinaria

Tinturarías, lavandarías, limpeza.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Ascensores. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Servizos. Reformas, pintura, cerrallaría....

Saúde. Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...) Fisio, ortopedia... Maiores

Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Podoloxía. Ortopedia. Maiores. Outros....

Ensino. Clases

Clases de música y baile. Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros.

Biblioteca/ Libros/ Museos, Artes (clases)/ Viaxes

Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases). Viaxes.

Legal / Avogados / Xestoría/ Asesorías / Seguros.

Avogados. Xestorías. Asesorías. Seguros.

Automóbil. Motos. Bicicletas. Licencias.

Motos - Bicicletas. Psicotécnicos, autoescuelas. Talleres. Aluguer. Parking.

Animais, Clínicas Veterinarias, Xardinaría, Floraría, Agro...

Animais, veterinaria. Flores e xardín..

DESCRICIÓN

B. 109 - Ensanche /ampliación.

     

      O ensanche. Primeira zona.

    Densidade 447.08 hab/Ha
    Población 17.883 habitantes (7% da cidade)
    Espazo: 40 Ha

      Limitado entre as rúas Juana de Vega, Linares Rivas, e Juan Florez, na actualidade o ensanche é probablemente o barrio máis coidado estético, e comercial da Coruña, tendo como centro a denominada "Milla de Ouro": a rúa Compostela e a Praza de Lugo. O punto de inflexión que marcou o maior florecemento da actividade comercial e a instalación de tendas de alto poder adquisitivo deuse nos anos 90 cando a multinacional galega Inditex asentou nas súas rúas os principais puntos de venda. A puxanza da economía repercutíu nun sobresaínte medre ata superar ao centro (área do Obelisco e Rúa Real) como protagonista comercial; tendas de moda, complementos, hostalaría e ata multinacionais (maior presenza da devandita Inditex ou a Fnac) engadiron aínda un maior dinamismo. 

      Creado nos primeiros anos do século XX, as zonas históricas (Cidade Vella e Peixería) quedaran xa pequenas para albergar a un sector crecente da poboación que se consolidaba na cidade: a burguesía.  A súa construcción, planificada dende 1880, significou polo tanto a utilización dun espazo que sería transformado en zona residencial de alto poder adquisitivo; abandonaba tanto a función defensiva de amurallamento da Peixería no lado máis próximo á praia do Orzán, como o terreno aberto de acceso á Coruña. 

       A idea principal partía dun principio de expansión ordenado onde primaban rúas longas e anchas (en relación ás zonas preexistentes) as cales corresponderían a unha homenaxe a Galicia cun nomenclátor no que tomaban especial relevancia as prazas de Lugo, Pontevedra, Vigo, e Ourense, ou as rúas Compostela e Ferrol. O primeiro diseño comprendía o denominado "Campo do Carballo", unha explanada que ía dende as actuais Praza de Pontevedra ata a Praza de Lugo, como base para a "Primeira Zona do Ensanche". Establecía un amplo espazo aberto -a Praza Pontevedra, que actuaba como eixe-, e no que se levantaron a sede das escolas municipais ou o Instituto de Ensinanza Secundaria Eusebio da Guarda. Tal circunstancia unida a óptima posición como acceso á Peixería influiría decisivamente para que se continuasen por parte das clases máis pudientes algunhas das edificacións máis recoñecidas da cidade, entre elas a Casa Salorio e Casa Escariz. Do mesmo xeito, a Rúa Ferrol non tardaba en converterse nunha auténtica mostra arquitectónica coruñesa da sempre preeminente corrente modernista.

       En 1910 era inaugurado o mercado de Eusebio da Guarda, punto referencial da evolución do ensanche. O filántropo homónimo de ascendencia portuguesa fixera constar no seu testamento que as súas irmáns e herdeiras destinasen 200.000 pesetas para a construcción dun mercado de ferro na Praza de Lugo. O arquitecto Pedro Mariño proxectouno con amplas e luminosas cristaleiras, mármoles, e ferraxes artísticas, dividido en varios pavillóns: un central con máis de cincuenta postos destinado á venda de peixe (a preponderancia do porto foi unha constante na historia da Coruña), e dous laterais de capacidade lixeiramente inferior para a venda de carne de vacún e porcina, legumes, pan, ovos, e galiñas; nas marquesiñas quedaban preto de trinta postos suplementarios de froita, verduras, flores e outros. Mais en poucas décadas quedaba pequeno e optouse por acometer demolicións parciais nas que entre os anos cincuenta e sesenta se remataría de trocar definitivamente todo o conxunto. Á súa vez, este remodelado trazado discontínuamente non convencería nin funcional nin estéticamente e sería finalmente derruído nun estado de acelerado deteriodo. 

       O seu substituto, o edificio actual foi diseñado por Jacobo Rodríguez-Losada e inaugurado no verán de 2.006. Concibíuse como punto de afianzamento do novo nucleo urbano da cidade, integrado, e repartido entre tres plantas, con postos de doble orientación, e unha fachada acristalada soportada mediante piares de aceiro equidistantes. Esta vez a aceptación foi unánime.


      O ensanche. Ampliación.

      Co desenvolvemento económico da década dos 60, a ampliación do ensanche era unha necesidade crucial para a recepción das correntes migratorias que trouxeron á Coruña máis de 50.000 habitantes. Esta zona, ao mesmo que Os Mallos e a Agra do Orzán aínda que máis céntrica e cara, serviría de polo aglutinador. Artellada a través da Rúa de Juan Flórez, principalmente ao seu lado oeste, ese exceso demográfico converteuna no paradigma da verticalidade por excelencia, e o asentamento de algúns dos rañaceos máis altos de Galicia como a Torre Hercón, o edificio Trebol, ou a Torre Coruña. De elevada densidade, carencia de solo útil, e certa sinuosidade na ordenación, dispón como compensación de acceso ao parque urbano de Santa Margarida e dun emblemático e incomparable Pazo da Ópera, espazo cultural multifuncional nomeado sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.

      A Torre Hercón (arquitecto: José Antonio Franco Taboada), ou tamén Torre Costa Rica pola rúa onde está localizada, foi construída en formigón entre 1973 e 1975 cunha altura de 119 metros, sendo o rañaceos máis alto de Galicia (actualizado en 2013). Quitáballe ese título á Torre Galicia (arquitecto: Manuel Gallego), de 80 metros e levantado en 1968. Pola súa banda o Edificio Trébol (Carlos Meijide Calvo) é un conxunto harmónico dunha torre central que engloba dous tréboles, que enlazan cunha torre e un tercer trébol á altura da planta 24, deixando unha figura aérea dun só trebol de catro follas. Todos se extenden a carón de Juan Flórez.

    FOTOS

    VÍDEOS

    LECER/CULTURA

    Comercios

    Roteiro


      


      Máis que unha ruta, o ensanche coruñés merece un paseo no que perderse. Nunha zona relativamente pequena e doada de percorrer, entre o ensanche e a súa posterior ampliación, podemos observar dende a influencia do modernismo na cidade, a zona comercial máis puxante, as dúas zonas verdes urbanas máis importantes rodeándoo, ou a praia de Riazor a un paso da Praza Pontevedra.

      No mapa inferior sinalamos algúns dos puntos de interese (ver fotos dos mesmos na sección fotos):

      P1) Casa - Museo Picasso. A finais de 1891, a familia Ruiz-Picasso instalouse no segundo piso do n.º 14 da rúa Paio Gómez, na que viveu durante tres anos. A súa rehabilitación conserva e recrea esa atmosfera de vivenda finisecular típica da cidade. Nela pódese observar como vivían e onde pintaba tanto el como o seu pai. 

      Picasso matriculouse no Instituto Eusebio da Guarda (Praza de Pontevedra) -P2- á idade de 10 anos e un ano máis tarde (no mesmo edificio) na Escola de Belas Artes, onde entre outros traballos levou a cabo o "Álbum de La Coruña". Dita praza alberga tamén un monumento á súa memoria: a Pomba da Paz.  Máis información: http://gl.wikipedia.org/Casa_Museo_Picasso

    Enderezo: Rúa Paio Gómez, 14981 189 854. 

      Pola súa banda, o modernismo constitúese como o estilo máis vinculado á mentalidade burguesa. Chega á cidade en 1906 grazas ao arquitecto cubano Ricardo Boán y Callejas e ao arquitecto coruñés Antonio López Hernández, que importan ideas de Austria, Suíza e Alemaña, e deixa algunhas das mostras mellor conservadas en:

    - M1) Praza de Lugo, 22 (Julio Galán, 1910-1911). A flora autóctona de Galicia aparece reflectida a ambos os dous lados dos miradoiros centrais, na marquetaría, e nos balcóns de ferro con formas de follas de carballo e castaño.

    - M2) Rúa Compostela 8 (Julio Galán, 1910). Paredes, teitos e arco de acceso ao ascensor aparecen como un orixinal invernadoiro de estuco, repleto de plantas acuáticas, lotos, nenúfares e lirios entrelazados. A grande escaleira reinterpreta o acceso á biblioteca laurenciana de Florencia.

    - M3) Praza de Lugo, 13 (Antonio López Hernández, 1912)  A pintura prerrafaelista inglesa de finais do século XIX e o modernismo alcanzan aquí a súa máxima perfección. Unha gran grilanda de rosas adórnaa teatralmente e conduce a nosa mirada cara á grande cariátide feminina que domina o conxunto. 

    - M4) Praza de Lugo, 11 (Manuel Reboredo, 1905-1930) Os seus cisnes, xuncos e espadanas transmiten o exotismo dos biombos e abanos de Filipinas, Java e outras illas de Indonesia, que mariñeiros e viaxeiros traían, como agasallo a Europa. 

    - M5) Casa Salorio. (Antonio López Hernández, 1912) O seu soar triangular suxire un navío avanzando cara ao centro da praza. A proximidade do mar inspira as ventás laterais que imitan os ollos de boi dos trasatlánticos. O portal conserva o único artesoado modernista da cidade. Enderezo: Avda. Rubine, 2. Praza de Pontevedra

      [Ver ruta modernista xeral en "A Coruña Información" no Inicio.]



        Comercio. 

       C1 A compañía galega Inditex é o primeiro grupo europeo de confección de roupa. Fundada por Amancio Ortega e Rosalía Mera, foi en 1975 precisamente na Coruña onde abriu a súa primeira tenda (coa denominación Zara e aínda aberta ao público) na rúa Juan Florez. Durante os dez anos seguintes, a cadea esténdese rapidamente por toda España e en 1985 créase INDITEX como cabeceira do grupo de empresas. Coa sede central no Polígono Industrial de Sabón, no concello limítrofe de Arteixo, Inditex opera máis de 6.000 tendas (superadas en decembro de 2012) baixo as marcas Zara, Zara Home, Massimo Dutti, Pull & Bear, Bershka, Oysho, Kiddy´s Class, Uterqüe ou Stradivarius entre outras, cuns ingresos de 16.000 millóns de euros, e máis de 120.000 empregados repartidos por todo o mundo (datos de 2012).

      C2  Juan FlorezNa actualidade é unha das súas rúas máis comerciais e cun dinamismo máis intenso. Ata os anos trinta houbo nesta rúa unhas grandes árbores que foron plantados en tempos de Carlos III e a mediados dos anos setenta comezou a transformación do lugar, ata entón con tan só uns poucos comercios ao longo de toda a súa extensión. Foi nesa década cando desapareceu o "Leirón do Casino", un gran parque que foi substituído polo grupo de rañaceos que se apiñan en torno á Torre Costa Rica. A proliferación de edificios de grande altura en toda a rúa convértena nunha das de maior densidade de poboación de toda a cidade (ver Sección Descrición).

      Perderse polos comercios do ensanche é unha grata experiencia onde encontraremos dende hostalaría de calidade, comercios únicos ou grandes cadeas. A zona de maior interese é a comprendida ao longo dende a praza de Pontevedra ata a Rúa Fontán, e ao ancho dende Juan Florez a Juana de Vega (ver mapa).



       Zonas verdes.

      V1   O Parque de Santa Margarida, con 51.723 m2, é un parque situado no centro xeográfico da cidade. A lomba elévase ata uns 60 metros sobre o nivel do mar onde non hai tanto tempo existían muíños de vento, dos cales aínda quedan restos, estando un deles rodeado dun estanque para aves acuáticas V5. Rehabilitouse un antigo palacete construído nos anos 40 que acolle dende 1985 o elemento máis significativo do parque e pioneiro na historia dos museos interactivos: a Casa das Ciencias e o seu Planetario V2 (http://mc2coruna.org).  Ademais pódese visitar a Fonte da Bóla V3: unha peza maciza de granito orbicular coñecida como estrutura rapakivi, de forma perfectamente esférica e unha masa aproximada de 1.500 quilos que se pode mover exercendo moi pouca forza.

      É importante a masa arbórea na que se inclúen preto de 70 especies orixinarias de distintos continentes. Destaca a presenza do abeto español ou pinsapo, a mimosa, o carballo, a árbore do ceo, o cefalotaxo, o magnolio, o teixo, así como diversas especies de cipreses, olmos, túas ou xenebreiros. O espazo verde é frecuentado por diversas especies de aves como dúas especies de petos, outras dúas de tordos, o pimpín vulgar, o ferreiriño común, o xílgaro, o carboeiro común, a pega e o agateador.

      O parque conta ademais coa construción escavada e integrada nunha esquina do recinto: o Pazo da Ópera (V4) (http://www.palaciodelaopera.com). Ao seu lado a gran fervenza artificial sobre o muro de pedra deixado pola canteira é outro dos seus sinais de identidade.

      En canto aos motivos ornamentais destacan as referencias tradicionais como varios cruceiros e hórreos. En especial O Hórreo (V9) de estilo fisterrán dunha sólida arquitectura íntegramente ensamblado en pedra (agás a porta), doazón particular datada segundo a inscrición no século XVI. Merecen unha mención a representación escultórica dos anciáns (V6), fundida por X. Piñeiro e o mural artístico da Avenida de Arteixo (V7).

      Este grande espazo verde é ampliable coa veciña zona de lecer do Paseo das Pontes (V8).



     
    Parking Mallos
    Parking Mallos

    Relacionados