Cafetarías e restaurantes. Pubs. Outros. Música. Salas de concertos, material..
Bebé e infantil (roupa, calzado e accesorios). Deportes (roupa e calzado). Electrodomésticos.... Imprenta. Cartuchos. - Venda especializada/ varios. Informática, Son e Imaxe. Fotografía. Tecnoloxía.. Xoiarías. Reloxos. Bazar. Regalos... Casa. Moda, Textil, Mercería, Arranxos. Perfumaría, Cosmética, Drogaría.... Zapaterías, zapateiros..
Produtos sostibles.
Ximnasios. Ioga. Pilates. Beleza. Peiteado. Estética, Relax e masaxes.. Tatuaxes.
Tinturarías, lavandarías, limpeza.... Arquitectura, enxeñarías. Maquinaria. Ascensores. Mobles, interiorismo, decoración, luz. Profesionais. Servizos. Reformas, pintura, cerrallaría....
Clínicas (ópticas, auditivas, dentais...).. Farmacia / Herboristaría. Fisioterapia. Podoloxía. Ortopedia. Maiores. Outros....
Clases de música y baile. Cursos. Centros Educativos. Idiomas. Outros.
Bibliotecas, Librarías, Papelarías. Vídeo.. Museos, Artes, exposicións, artesanía... (clases). Viaxes.
Avogados. Xestorías. Asesorías. Seguros.
Motos - Bicicletas. Psicotécnicos, autoescuelas. Talleres. Aluguer. Parking.
Animais, veterinaria. Flores e xardín..
Coa colaboración de: calle-barcelona
A Agra do Orzán e o Ventorrillo. Unha gran zona con grandes particularidades.
A Agra do Orzán posúe unha densidade de poboación de 688 ´ 87 hab/Ha, a maior da cidade e de Galicia, e unha das maiores de Europa. Situado entre dúas grandes avenidas, a Ronda de Nelle e a Ronda de Outeiro ao norte e ao sur respectivamente, e flanqueada pola avenida de Finisterre ao leste e a Avenida Peruleiro ao oeste, alberga máis de 30.000 persoas, que a converteron en tan só 40 anos no barrio máis populoso da cidade.
Durante a década dos sesenta, esta zona de pouco máis de 4 quilómetros cadrados comezou a edificarse como solución ao repentino incremento poboacional. Con gran rapidez e sen ningún tipo de plan urbanístico, a anuencia política do tardofranquismo cara a construtores e especuladores encadeou un ordenamento consubstancial coa masificación. Rúas estreitas e sombrientas; edificios de grande altura; ausencia de arboredos, xardíns e lugares de recreo; asfaltados deficientes; e escasa previsión de transporte, converteron o agra nunha zona perennemente discriminada. Pero cicais por iso, xorde unha máis das particularidades desta.
A identidade sociocultural da Agra parte de dous grandes movementos migratorios localizados ao longo dos anos.
Unha primeira ondada, a que motiva a súa creación, comeza a chegar dende os anos sesenta principalmente, con certas réplicas de menor intensidade ata os oitenta. Trátase dun fenómeno de inmigración interior onde xentes do rural galego, con especial relevancia da bisbarra de Bergantiños, pasan a establecerse nela. Tal situación é explicable sobre a base da falta de oportunidades dos pobos e aldeas do interior, esquecidos polo franquismo e encistados no caciquismo máis tradicionalista, e o crecemento urbano asociado ao período de apertura internacional do réxime, o cal abandona a depresión dos corenta e cincuenta grazas á tolerancia de EE.UU cunha ditadura cuxo piar esencial era o anticomunismo.
A afluencia dun gran número tanto de labregos do interior como de pescadores da "Costa dá Morte" tingue a Agra dun ambiente de xentes sinxelas, sacrificadas, e con grande espírito de superación e traballo. Ao mesmo tempo, a lingua galega adquire unha repercusión maior.
A segunda ondeada comeza nos oitenta. A prosperidade que segue á transición e sobre todo, o boom inmobiliario dos 90, establece unhas liñas políticas por parte dos dous grandes partidos estatais encamiñadas a facilitar a chegada e regularización de inmigrantes estranxeiros que vén responder á alta demanda de man de obra no sector da construción e a continuar a tendencia co fin de manter os salarios baixos. Ésto xera a chegada, dentro da cidade primordialmente a este barrio, dunha porcentaxe importante de cidadáns magrebíes, subsaharianos, asiáticos e sudamericanos, que outorgan á Agra do Orzán un marcado carácter multiétnico onde predominan establecementos como locutorios, de comida kurda, orientais, ou de produtos propios doutras latitudes.
Esta diversidade proxecta, malia as limitacións, unha amalgama de correntes escenificadoras dunha localización máis plural e dinámica, e que da man dos seus residentes conforma un eclecticismo positivo para todas as súas partes. Como factor xerador de unión e común denominador de todas elas, o foco máis atractivo identifícase con facilidade na Rúa Barcelona, segunda rúa máis comercial da Coruña só por detrás da Rúa Real, e de feito, con maior habitabilidade que esta.
Pola súa banda o Ventorrillo, situado ao sur da Agra, constitúe o límite urbano da cidade e foi o primeiro dos barrios de nova creación construído a principios dos oitenta. De poboación máis nova que a media debido aos baixos prezos iniciais da vivenda en comparación a zonas xa establecidas, é un dos lugares con máis proxección, con máis espazos abertos e polo tanto con maior potencialidade para novos proxectos de desenvolvemento. Coa desmantelación do "poboado de Peñamoa" (coñecido como supermercado da droga) as condicións de seguridade melloraron e, sendo o Ventorrillo unha zona convenientemente dotada de servizos (ambulatorio, polideportivo, centro cultural, garderías, centros educativos...) e ben comunicado (ronda de Outeiro, avenida Finisterre e Terceira Ronda), os plans de ordenación actuais adxudícanlle unha forte reconversión futura que pasará polos terreos da Silva e o monte de Peñamoa ata Bens.
Rúa Barcelona e Conchiñas.
A Rúa Barcelona é o nucleo comercial por excelencia da Agra do Orzán e a segunda rúa comercial máis importante da cidade. Con máis de 700 metros de lonxitude funciona como a columna vertebral do comercio de barrio, e forma cunha serie de rúas transversais (rúa Alcalde Lens, Avda das Conchiñas, rúa Agra do Orzán e rúa Villa de Negreira) e paralelas (Entrepeñas e a propia ronda de Outeiro) que a complementan nun denominado Centro Comercial Urbano.
Foi en 1994 cando cun gran evento ao que asistiron miles de persoas e ao que se convidou incluso a unha das modelos estatais en máis alza do momento, Sofia Mazagatos, inaugurábase a Rúa Barcelona coa estructura actual, tras rematar a terceira fase das obras de peonalización. Dende ese instante e durante toda a década dos 90 convertíase nun dos referentes comerciais máis importantes da Coruña.
A posterior evolución económica e social (ver "Descripción") faría que o comercio tradicional lle cedese algún espazo a establecementos rexentados por inmigrantes que comezaron a abrirse camiño na popularización de productos importados ou de servizos especializados, e que dalgún xeito lle devolveron dinamismo fronte ao
problema do envellecemento da poboación que arrastra a cidade en xeral.
A carón da mesma rúa aséntase tamén a praza das Conchiñas (na foto). Co mercado a pé de praza, zona de xogos infantiles e un posto do sistema municipal de aluguer de bicicletas, reune a cotío aos veciños como punto de encontro ao aire libre.
Centro Ágora
O edificio, cunha superficie total construída de 10.258,40 m2, consta dun soto (1.618,09 m2), un semisoto (3.009,17 m2), unha planta baixa (2.833,72 m2) e unha planta primeira (1.224,29 m2). Do total da parcela, 9.663 m2, 4.404 son para o edificio e 5.259 m2 para superficie axardinada. Dende os mostradores de recepción e información, os visitantes e usuarios pódense dirixir á dereita ao teatro/auditorio ou á biblioteca a través da rampla que descende á planta semisoto, aos espazos expositivos e as salas polivalentes de fronte e, na planta primeira, aos Servizos Sociais á esquerda.
O Ágora, como plataforma plural, ten unha dobre función para satisfacer dous aspectos interrelacionados: dar servizo á sociedade e dar servizo á comunidade artística e cultural, tendo en conta que nin a sociedade nin a cultura son estáticas, senón enormemente dinámicas e cambiantes.
.