E-distrito

Axenda de Eventos

7

07 e 08-03/ Carmen, nada de nadie

  A vida de Carmen Díez de Rivera foi tan excepcional que ten paralelismos coas traxedias gregas como Antígona ou Ariadna. Nada nunhas circunstancias familiares rocambolescas, dentro do máis selecto da aristocracia española, renunciou aos privilexios de clase e chegou a alcanzar un posto que ningunha muller desempeñou neste país: Xefa do Gabinete da Presidencia do Goberno.

  E fíxoo nun dos períodos máis complexos e intensos da historia de España: a transición. Loitou, a miúdo soa, contra todo e contra todos. Posuidora dunha vontade firme, unha mirada intelixente, tivo sempre o propósito de guiar ao seu país cara á democracia. A súa forza e lanzo neste labor público contrastan coa súa tristeza e a súa incapacidade para atopar a paz interior, rota desde a súa adolescencia por un secreto familiar que a atormentaba.

  No escenario, Carmen vai debullando os momentos álxidos da súa intensa e desafiante carreira política mentres lembra os episodios íntimos que marcaron o súa desdita e o seu carácter. Pola súa memoria e polos nosos ollos pasarán algúnhas das personaxes máis importantes da nosa historia.

  Con Beatriz Argüello, Oriol Tarrasón, Ana Fernández e Víctor Massán

  Dirección: Fernando Soto

  Producción de Teatro Español e Tablas y Más Tablas

Lugar:

  • Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 08/03/2025

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados