Tal vez o perturbador, o emocionante, é que a historia de esta familia podería ser a da nosa.
Forever conta a historia dunha familia que se vai afastando do que soñou que sería. Reflectindo con humor e ironía os paradoxos do amor, pon o foco en temas como a maternidade, a educación, a discapacidade e a incomunicación. Sobre unha plataforma xiratoria, Forever é un carrusel, a nora da vida.Pero tamén unha espiral que, a medida que vira, profundiza na dor dos seus protagonistas. Ata onde pode arrastrar a incomunicación a unha familia?
Con José Dault, Garbiñe Insausti, Edu Cárcamo
Dirección: Iñaki Rikarte
Coprodución de Kulunka Teatro co Centro Dramático Nacional, o Teatro Arriaga de Bilbao e o Teatro VIctoria Eugenia de Donostia.