Nova Galega de Danza, baixo a dirección artística de Jaime Pablo Díaz, desembarca na Coruña este mes de xeneiro para presentar no Teatro Colón un fito único: unha antoloxía con tres das súas pezas máis celebradas e recentes:Leira,Berro eDique. A muller toma o centro do escenario nunha viaxe a través da terra, a raíz, a memoria, a tradición, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza. Tres noites máxicas nunha mesma fin de semana na cidade herculina para botar o pano da celebración do 20 aniversario de Nova Galega de Danza. Tres noites máxica que, de seguro, pasarán a formar parte da historia da danza na cidade.
Días 17, 18 e 19 ás 20:00 h