"IGNIS" é o novo e máis especial traballo de Vega. Trátase dunha obra conceptual cunha proposta artística nos seus formatos físicos sen precedentes no mundo, xa que é o primeiro disco que se queima. A artista cordobesa celebrará o lanzamento deste disco cunha xira tamén moi especial, na que escolleu A Coruña, cidade moi ligada á súa carreira e vida persoal, entre as poucas cidades confirmadas.
Cada un dos concertos desta xira recreará a gravación do disco. Vega estará acompañada sobre o escenario polos músicos Ricky Falkner, Xavi Mole, Victor Valiente, Dani Ferrer, Angie Sánchez e David Soler. Contará cun repertorio no que interpretará todas as cancións do seu novo traballo á vez que soarán os grandes éxitos da súa carreira.
.