Organizada por The Metropolitan Museum of Art de Nova York e presentada en exclusive en España no espazo da Fundación MOP de A Coruña, a exposición, que reúne unhas 175 fotografías, presenta unha completa mostra da fotografía de Penn. Entre elas inclúense retratos de Penn de famosos, personalidades da cultura, traballadores coas súas ferramentas de traballo, espidos abstractos, primeiros documentais de escenas rueiras, composicións florais, letreiros e lixo rueiro, estudos de moda e naturezas mortas.
Irving Penn: Centennial é a cuarta dunha serie de exposicións de talla internacional presentadas pola Fundación MOP