E-distrito

Axenda de Eventos

a

Pablo Meixe | Meixeverso

  Pablo Meixe deuse conta de que ao longo e ancho dos distintos planos da realidade pódense atopar personaxes curiosos que poñen a proba o tecido da graza e o chiste. As adolescentes xa non escoitan K-Pop e os cuñados deixaron de dar consellos sobre coches de segunda man, indicando que o mundo está a piques de colapsar. Un mozo deberá utilizar todas as súas versións para salvar o multiverso: Pablo (Meixe) convídanos a unha viaxe chea de humor na que falará das súas vivencias, explicará as súas desventuras e coñeceremos por que m*erda aínda non o botaron do teatro.

  Meixeverso é un show de humor. Unha gala de premios. Unha sala de cinema. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar cun dos creadores de contido máis punteiros do momento. E en persoa é máis alto, xa por iso deberías ir tamén.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A. 15001 A Coruña

Data:

  • 14/12/2024

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados