E-distrito

Noticias

ERC e EH Bildu logran que se aprobe un fondo de 10,5 millóns para produción audiovisual en catalán, euskara e galego

ERC e EH Bildu logran que se aprobe un fondo de 10,5 millóns para produción audiovisual en catalán, euskara e galego

  Entre 2009 e 2011 existía xa un fondo, a través do Ministerio de Cultura, que apoiaba estas producións mais o Partido Popular eliminouno en 2012.

  25 novembro 2021 

  BNG, ERC e EH Bildu informan da aprobación da emenda transaccional acordada co Goberno español, que parte dunha emenda conxunta entre as formacións galega, catalá e vasca pola que se crea un fondo de 10,5 millóns de euros de apoio á produción en catalán, euskara e galego. As formacións catalana e vasca introduciron este tema nas negociacións de aprobación dos Orzamentos 2022 e, como socios de goberno, acadaron sacala adiante. Pola súa banda o BNG quedouse fora ao anunciar a súa abstención pero as boas relacións coas outras dúas formacións nacionalistas confluíron para introducir o galego no compromiso co goberno estatal. 

  Os Orzamentos 22 implican unha suba considerable nas partidas para Galicia, que aumentan nun 22´5% e a colocan como a 5ª máis beneficiada tanto en montante total como per cápita, pero o BNG escudouse na Non intervención pública en Alcoa para evitar o voto positivo.

  A proposta.

  A proposta aprobada establece axudas ou créditos a transferir mediante Convenios aos Organismos competentes das comunidades con lingua propia distinta ao castelán co fin de fomentar a produción, distribución e promoción da industria cinematográfica e audiovisual en linguas cooficiai

  Entre 2009 e 2011 existía xa un fondo, a través do Ministerio de Cultura, que apoiaba estas producións mais o Partido Popular eliminouno en 2012.

  De feito, indican as formacións soberanistas, na Lei do Cinema de 2007 establécese a creación deste fondo de subvencións co fin de promocionar e protexer o uso do resto de linguas oficiais, ademais do castelán, que deberán ser transferidas aos órganos competentes encargados de xestionar estes recursos.

  A proposta de BNG, ERC e EH Bildu vai na dirección de recuperar o devandito fondo dotándoo de 10,5 millóns de euros.

  Audiovisual

   A ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou nunha rolda de prensa esta semana que galego, catalán e euskera terán como mínimo un 6% de cota de contido audiovisual para todas as plataformas, despois de que ERC pactara esta medida co Executivo estatal, xunto coa “protección” a través dunha serie de axudas públicas.

  A Mesa pola Normalización Lingüística saíu esta cuarta feira ao paso das informacións publicadas nas últimas horas ao respecto do acordo acadado no Estado en relación á presenza das linguas oficiais na nova Lei do audiovisual, e apuntou a que “ningún acordo en Madrid sobre o audiovisual será suficiente, se non se chega ao solicitado en maio polo Parlamento galego”.

  Derivado de Nós Diario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados