E-distrito

Noticias

España/ O emprego supera os niveis prepandemia e acada, por primeira vez dende 2007, os 20 millones de traballadores

España/ O emprego supera os niveis prepandemia e acada, por primeira vez dende 2007, os 20 millones de traballadores

  En Galicia o paro baixou en 127.100 persoa no último trimestre, o mellor dato dende o terceiro trimestre de 2.018.

  28 outubro 2021

  O emprego recuperou por fin os niveis de traballadores anteriores á pandemia no verán, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este xoves polo INE. 

  Gran pulo no mercado laboral entre xullo e setembro, que fixo que a ocupación aumentase en 359.300 ocupados ata superar o nivel dos 20 millóns de traballadores no terceiro trimestre do ano. Esta cifra non se alcanzaba desde antes da crise financeira, en 2008. Pola súa banda, o número de parados descendeu en 127.100 persoas e situouse nun total de 3.416.700 parados, neste caso por riba dos niveis anteriores ao COVID. 

  No balance das cifras máis relevantes da enquisa destaca o total de traballadores: en concreto, 20.031.000. Así, superouse o dato de emprego pre-pandémico máis alto rexistrado de 19,97 millóns de traballadores no cuarto trimestre de 2019. Por outra banda, o descenso de desempregados deixou a taxa de paro no 14,57%, "o que supón 69 centésimas menos que no trimestre anterior", informa o INE. Este dato vese afectado pola diminución dos parados, pero tamén polo aumento da poboación activa (+232.200 persoas neste trimestre). 

  A taxa de paro, aínda que baixou moito no que vai de ano, non é inferior á anterior á pandemia, que acadou un chan do 13,8%. O verán é xeralmente un bo momento para o mercado laboral. Créase emprego –aínda que na súa maior parte temporal–, grazas sobre todo ao impulso do turismo e da hostalería, e redúcese o paro. Dende que estalou a pandemia, que foi unha repentina crise laboral e económica, as cifras de emprego sempre se len, ademais, en clave de recuperación dos postos de traballo perdidos. Se observamos o acontecido no último ano, a ocupación creceu en 854.100 persoas (4,45%) nos últimos doce meses e o paro diminuíu en 306.200 persoas, cunha taxa de redución do paro case o dobre (-8,23%) con respecto ao aumento de traballadores. 

  Pola súa banda, a poboación activa –persoas dispostas a traballar– incrementouse en 547.900 persoas no último ano (+2,39%). Este verán, por fin, superáronse as cifras de traballadores anteriores ao brote do coronavirus en España, pero aínda quedan feridas como consecuencia da pandemia. Aínda hai máis persoas no paro que antes desta crise. En concreto, 224.800 parados máis que nas cifras máis baixas anteriores ao COVID, tamén a finais do ano 2019. O número de parados era entón de 3,19 millóns de persoas. 

  Tampouco hai que esquecer que entre os traballadores aínda hai persoas en ERTE, o mecanismo de hibernación laboral que protexeu miles de postos de traballo durante a pandemia e evitou un enorme aumento da desigualdade, segundo un recente estudo. O INE estima na súa enquisa unha media de 108.600 persoas en ERTE no terceiro trimestre. En terceiro lugar, o número de horas traballadas tamén está por debaixo dos datos do terceiro trimestre de 2019, un 2,53% inferior. 

  Derivado de El Diario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados