E-distrito

Noticias

Pedro Sánchez anuncia unha suba "inmediata" do salario mínimo para o que queda do ano.

Pedro Sánchez anuncia unha suba "inmediata" do salario mínimo para o que queda do ano.

  Asegura que España vai recuperar os niveis de prepandemia en 2022.

  o1 setembro 2021

  O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, remarcou a vontade do Goberno de abordar unha "subida inmediata" do salario mínimo interprofesional (SMI) para o que queda de ano e continuar co compromiso electoral de que alcance a final de lexislatura o 60% do salario medio.

  Este mesmo mércores, o Ministerio de Traballo e os representantes de CCOO, UGT, CEOE e Cepyme reúnense para iniciar as negociacións sobre a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), que se atopa agora en 950 euros mensuais e que o Goberno se comprometeu a que alcance o 60% do salario medio nesta lexislatura.

  Sánchez arrincou o curso político este mércores debullando os plans do Executivo e priorizando a consolidación da recuperación económica para que esta chegue a "todos os petos" e sexa "xusta".

  Durante o seu discurso, o presidente asegurou que España vai recuperar os niveis de prepandemia en 2022, aínda que adiantou que esta recuperación virá acompañada dunha alza de prezos en EEUU e a Unión Europea, polo que mostrou a vontade do Goberno de continuar cos estímulos.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados