Trátase dunha foto con armas e munición sobre unha bandeira de España e un texto en mayúsculas, “vigilad vuestras espaldas, puede haber una pequeña sorpresa dentro de poco”.
07 maio 2021
O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, denunciou ante a policía ameazas contra el e outros cargos e militantes da formación na comunidade.
Trátase dunha foto con armas e munición sobre unha bandeira de España e o texto, escrito en maiúsculas, “vigilad vuestras espaldas, puede haber una pequeña sorpresa dentro de poco” dirixido a contas de twitter do partido e dalgúns dos seus integrantes.
“Temos a responsabilidade de visibilizar un problema de odio e acoso que vai en ascenso nas redes pero tamén nas rúas empuxado por unha extrema dereita que está a tentar incendiar o país”, afirmou Gómez-Reino, tamén deputado no Congreso. As ameazas foron emitidas despois do Primeiro de Maio desde un perfil con 53 seguidores e que replica propaganda ultra, de Vox ou vídeos históricos do nazismo.
“Non imos tolerar amenzas. Non imos consentir esta persecución e o matonismo”, engadiu o parlamentario, “non debemos mirar cara a outro lado e non hai que deixar espazos aos que erosionan dereitos e liberdades”. Podemos insta á Fiscalía a que actúe.
Derivado de ElDiario.