E-distrito

Noticias

As reunións quedan limitadas a 5 persoas en toda Galicia, cunha maior restrición en Compostela e Milladoiro

As reunións quedan limitadas a 5 persoas en toda Galicia, cunha maior restrición en Compostela e Milladoiro

  En Santiago e Milladoiro as reunións sociais quedarán limitadas ás persoas convivintes, situación que manteñen Ourense e Barbadás. No resto de Galicia as reunións serán dun máximo de 5 persoas

  21 outubro 2020

  O empeoramento da situación epidemiolóxica en Galicia levou á Xunta a decidir un incremento das restiricións en todo o país, que pasa ao denominado "nivel 2" de restricións. As reunións sociais estarán limitadas a un máximo de 5 persoas en toda Galicia e, ademais, haberá unha redución da capacidade permitida en establecementos comerciais e de hostalaría onde, ademais, estará prohibido o consumo en barra. 

  As restricións son maiores en determinados concellos que viñan rexistrando unha evolución máis preocupante. Así, tanto en Santiago de Compostela coma Milladoiro (Ames) as reunións sociais quedarán limitadas ás persoas convivintes. Ademais, ambas as dúas localidades pasan ao nivel 3 de restricións, que implica que non se poderá consumir no interior dos bares e cafetarías (si dos restaurantes).

  Ademais, tamén Verín, Oímbra e Vilardevós pasan ao nivel 3 de restricións. Nestes tres concellos establecerase un peche de mobilidade perimetral que só permitirá a mobilidade entre os mesmos. As medidas publicaranse este mércores no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores ao xoves.

  En Verín, Oímbra e Vilardevós establecerase un peche de mobilidade perimetral que só permitirá a mobilidade entre os mesmos

  Despois da da xuntanza do Comité clínico desta tarde, a Consellaría de Sanidade acordou un endurecemento das medidas para evitar a expansión do coronavirus en Galicia. Ademais das medidas xerais para toda Galicia e as fixadas para Compostela, Milladoiro, Verín, Oímbra e Vilardevós o Comité clínico estudou a situación de Ourense e Barbadás. E a pesar "da mellora mellora que presenta a evolución epidemiolóxica" nestes dous concello, ambos continuarán no nivel 3 de restricións e manterán a limitación de xuntanzas exclusivamente entre conviventes e o actual peche da mobilidade perimetral entre as duúas localidades, establecida o pasado 7 de outubro. 

  A Consellaría de Sanidade decidiu restrinxir todas as actividades non esenciais nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás

  Así mesmo, o Comité de expertos decidiu restrinxir todas as actividades non esenciais nos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, ao considerar preciso reforzar as medidas de prevención co obxecto de evitar a propagación do virus nestes municipios. Así mesmo, continuarán coa restrición de mobilidade perimetral establecida e coa limitación de xuntanzas entre de grupos de persoas conviventes.

  Que medidas inclúen os niveis 2 e 3 de restricións?

  Os niveis 2 e 3 incrementan as limitacións para a capacidade de comercios, hostalaría e eventos culturais, ademais de centros deportivos, bibliotecas e museos ou parques infantís

  Os detalles concretos sobre as medidas decididas pola Consellaría de Sanidade coñeceranse ao longo deste mércores e publicaránse no DOG, pero atendendo ás restricións fixadas nas últimas semanas para concellos nos que se decidían un nivel 2 ou un nivel 3 podemos esperar unhas decisións semellantes. Ademais das cuestións relacionadas co número de persoas permitidas en reunións sociais (5 no conxunto do país e só convivintes en Santiago, Milladoiro, Ourense e Barbadás) e das restricións de mobilidade introducidas en varios concellos ourensáns, os niveis 2 e 3 incrementan as limitacións para a capacidade de comercios, hostalaría e eventos culturais, ademais de vodas, velorios, centros deportivos, biliotecas e museos ou parques infantís.

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados