E-distrito

Noticias

Pablo Casado defende convivir co virus en caso de que haxa un rebrote.

Pablo Casado defende convivir co virus en caso de que haxa un rebrote.

  Considera que non se debe volver a confinar á poboación porque se destrúe a economía.

  O líder do PP denuncia que Pedro Sánchez "está gobernando por ordes ministeriais e iso é unha fraude de lei"

  15 maio 2020

  O líder do Partido Popular, Pablo Casado, mostrouse este xoves en contra do confinamento como medida para frear o avance do coronavirus mesmo despois de coñecer o estudo de seroprevalencia que reflectiu que tan só o 5% dos españois resultou contaxiado pola COVID-19. "Ante un rebrote non podemos volver á excepcionalidade, hai que convivir co virus", asegurou Casado nunha entrevista en Telecinco. 

  Ao seu xuízo, "o Goberno está a excederse" coa utilización do estado de alarma, e por iso volveu a recalcar que o PP votará "non" na próxima solicitude de prórroga que o Executivo levará ao Congreso a próxima semana. O líder do PP insistiu en que existen "tres leis sanitarias coas que pode manter o mando único", aínda que ningunha delas –a Lei de Seguridade Nacional, a Lei de Saúde Pública e a Lei de Protección Civil– permite limitar a mobilidade. Con todo, Casado pediu a Sánchez "que aplique a lexislación en vigor" ao considerar que "está a gobernar por ordes ministeriais e iso é unha fraude de lei."

  "Non encerremos a todo o país. España ten que convivir co virus", insistiu o líder dos populares. Na súa opinión "non é lóxico que as persoas sas mozas estean confinadas en casa destruíndo a economía".

  Derivado de ElDiario.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados