O fondo distribuirase entre as CCAAs en función de parámetros obxectivos baseados nos gastos ocasionados polo Covid-19 e conforme á información que teñan remitido.
04 maio 2020
Así o avanzou a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, nunha rolda de prensa xunto ao titular de Sanidade, Salvador Illa, tras a oitava reunión telemática de Sánchez cos presidentes autonómicos.
Montero tamén detallou que o fondo se distribuirá entre as comunidades autónomas en función de "parámetros obxectivos baseados nos gastos ocasionados polo Covid-19" conforme á información que remitisen as comunidades autónomas. En concreto, os 10.000 millóns que se destinarán a cubrir gastos sanitarios distribuiranse en función dos indicadores oficiais de impacto da pandemia e os 1.000 millóns para gasto social repartiranse por criterios poboacionais.
Por último, os 5.000 millóns destinados a paliar a redución de recursos propios das comunidades autónomas pola caída da actividade económica distribuiranse en función dos datos de caída da recadación.
Derivado de ElDiario.