A cifra oficial de falecidos mantense en 547.
30 abril 2020
Por primeira vez desde os primeiros días após a declaración da alerta sanitaria, os hospitais galegos non comunicaron este mércores á Consellería de Sanidade ningunha nova vítima mortal con COVID-19 en Galicia, co que a cifra oficial de falecidos mantense nos 547 rexistrados ás 21,30 horas do martes.
O mesmo ocorre coas vítimas mortais en residencias de maiores, que se informan unha vez ao día. Na comunicación desta cuarta non se informou de novos falecementos.
Este sería, así, o primeiro día no que os hospitais galegos non comunican novos mortos desde que se iniciase a emerxencia sanitaria pola pandemia de coronavirus, a mediados do mes de marzo.
A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse en Galicia o pasado 14 de marzo, cando faleceu unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.
Derivado de NósDiario.