E-distrito

Noticias

Os efectos económicos do COVID-19 en Galicia: 11.000 persoas ao paro e 13.000 empregos destruídos

Os efectos económicos do COVID-19 en Galicia: 11.000 persoas ao paro e 13.000 empregos destruídos

  Son os resultados do primeiro trimestre. En España, o paro subiu en 121.000 persoas no primeiro trimestre do ano, o que supón un 3,8% máis.

  28 abril 2020

  O parou aumentou en 11.000 persoas en Galicia no primeiro trimestre deste ano en comparación cos tres meses anteriores, ata un total de 156.800 desempregados, tras un incremento do 7,56%, o dobre do crecemento en España (+3,79%).

  Ademais, como consecuencia da crise provocada polo coronavirus e o estado de alarma, en Galicia destruíronse 13.000 empregos (-1,18%), ao caer os ocupados ata 1.083.000. E iso que os efectos da pandemia só se rexistraron a segunda quincena do mes de marzo.

  Así, a taxa de paro en Galicia elévase ata o 12,65%, o que supón un incremento do 0,91%, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados este martes. Está por baixo do 14,4% que se rexistra en España.

  En España, o paro subiu en 121.000 persoas no primeiro trimestre do ano, o que supón un 3,8% máis que no trimestre anterior, e a ocupación diminuíu en 285.600 postos de traballo (-1,4%). En ambos os casos trátase dos peores rexistros de paro e emprego desde o ano 2013.

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados