E-distrito

Noticias

Greenpeace apunta a OKdiario como un dos portais que máis bulos propaga

Greenpeace apunta a OKdiario como un dos portais que máis bulos propaga

  A organización alerta do perigo dos bulos propagados en WhatsApp durante a campaña electoral. España é o país europeo onde máis se cre nos bulos.

  28 maio 2019

  OKdiario figura como un dos portais que máis bulos propaga nun estudo realizado por Greenpeace no marco da campaña electoral.  

  Coa axuda dun equipo de voluntarios, a asociación ecoloxista e pacifista investigou que bulos circularon por diferentes listas de difusión de WhatsApp analizando máis de 300 mensaxes " desinformativos", que facían referencia a grandes temas: partidos políticos, nacionalismos, xenofobia, xénero, islamofobia, ONG e sistema electoral. Ao redor do 40% dos contidos simulan informacións xornalísticas de carácter político que son os que máis polarización xeran, ademais dos relacionados co nacionalismo e a xenofobia. Mais do 30% carecen de fonte identificada. Son pantallazos de conversacións, memes ou imaxes de tuits, que non redireccionan a ningunha web e que xeralmente se viralizan: “Comprobar quen creou eses contidos é case imposible”, sinala Greenpeace. O resto de noticias procede maioritariamente de plataformas ou webs cuxa deontología xornalística foi cuestionada. 

  En total, contabilizáronse 49 portais ou webs que xeran este tipo de informacións. O primeiros tres medios ou fontes identificables son, por orde, Okdiario (17%), Mediterráneo Digital (7%) e Libertad Digital (5%). 

  Un 86% da poboación non é capaz de distinguir unha información verdadeira dunha falsa Para o 95,1% da poboación española a mensaxería instantánea é a canle preferida para comunicarse, e a rede WhatsApp converteuse nun “medio de comunicación” eficaz. Ademais, España é o país europeo onde máis se cre nos bulos. 

  Un 86% da poboación non é capaz de distinguir unha información verdadeira dunha falsa a pesar de que o 60% da poboación española cre o contrario. “ WhatsApp foi unha ferramenta que contribuíu notablemente a lograr vitorias electorais como a de Bolsonaro en Brasil, cuxas políticas poñen as nosas vidas e o planeta en risco”, lembra Greenpeace. “O auxe da desinformación que circula polas redes sociais supón unha dificultade engadida á hora de defender o medio ambiente, a democracia e a paz, xa que confunden a gran parte da poboación, limitando a súa capacidade de decidir libremente o sentido do voto, en base a unha información veraz, e non a mensaxes falsas”, afirma Javier Raboso, responsable do programa de Greenpeace de Democracia.  

  Derivado de Nueva Tribuna

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados