Dos 62.295 millóns de euros públicos en axudas á banca, o estado recuperou menos do 7% (3.873 millóns).
08 setembro 2.017
A crise levouse por diante o sistema financeiro español. A reestruturación custou 62.295 millóns de euros desde 2009 ata o peche de 2016, segundo a última actualización dos datos do Banco de España coñecida este xoves. As axudas públicas recuperadas son por agora de 3.873 millóns de euros, ao redor dun 7% do gastado senón se ten en conta a achega que fixo o Fondo de Garantía de Depósitos.
O groso das axudas recuperadas saen dos 977 millóns de euros devoltos por Caixabank en abril de 2013. Tras esta cantidade atópanse 800 millóns dunha emisión de cotas participativas de CajaSur que se reintegraron no mesmo ano ao aprobarse o plan de reestruturación. Ademais recuperáronse 782 millóns pola venda da participación Catalunya Banc, 783 pola venda de NGC e 407 millóns amortizados por Ibercaja Banco dunha emisión de obrigacións obrigatoriamente convertibles de Caixa3. Este importe complétao os 124 millóns de euros amortizados anticipadamente por Liberbank nunha emisión de obrigacións. A clave para saber canto se recuperará das axudas públicas reside na venda de Bankia e BMN. No caso de BMN (fusión de Caixa Murcia, Caixa Penedés, Sa Nostra e Caixa Selecta) as axudas foron de 1.645 millóns de euros. Mentres que no caso da entidade orixinada pola fusión de Caixa Madrid, Bancaja e outra serie de caixas as axudas representaron un desembolso de 22.424 millóns de euros.
Canto máis se pode recuperar?
O Estado vendeu por agora só un paquete de accións de Bankia por un 7,5% da entidade o que supuxo un ingreso de 1.304 millóns de euros e a redución da porcentaxe do Estado na entidade. Con todo, tras as accións xudiciais pola saída a Bolsa de Bankia o Estado volveu incrementar a súa presenza na entidade ata situarse no 67% actual. O ministro de Economía, Luís De Guindos, anunciou hai uns días que preparan a venda doutro paquete de accións da entidade.
Os cálculos do Banco de España estiman que o importe "recuperable" pola venda da participación en Bankia e BMN será duns 9.800 millóns de euros. Ao que se suman outros 604 millóns de euros pola amortización das obrigacións obrigatoriamente convertibles de Banco CEISS, que é o resultado do proceso de integración con Unicaja de Caixa España e Caixa Douro. Con estas cantidades, o diñeiro que se recuperaría das axudas ascendería a 14.273 millóns de euros. Esta cantidade supón que o Estado deixaría de recuperar un 74% das axudas públicas do rescate.
Distribución das axudas financeiras á banca do FROB e o Fondo de Garantía de Depósitos (2009-2016) en porcentaxe: premer sobre a foto.
Porcentaxes menores:
- Grupo Banca Cívica -integrada en Caixabank-: 977 millóns
En verde: Caja España - Caja Duero (1.129 millóns).
En negro: Cajasur (800 millóns).
En vermello: CAI, Caja Círculo de Burgos, Caja Badajoz (407 millóns).
Derivado de El Diario.