E-distrito

Noticias

España/ Abril convértese no mes con más cotizantes á Seguridade Social en 15 anos.

España/ Abril convértese no mes con más cotizantes á Seguridade Social en 15 anos.

  Galicia tamén acada, pese a unha reducción inferior á media española, os datos de paro rexistrado máis baixos da serie.

  O Goberno galego do PP congratúlase duns datos de paro que considera "histórico" mentres a dirección central do PP os atribúe á "maquillaxe"

  07 maio 2024

  Tras un marzo impulsado pola Semana Santa, pero tamén despois duns malos resultados na Enquisa de Poboación Activa correspondente ao conxunto do primeiro trimestre, a radiografía do mercado laboral correspondente ao pasado abril chega con cifras positivas. Tanto en Galicia como, sobre todo, para o total estatal, especialmente no que atinxe ás cifras de cotizantes á Seguridade Social.

  En liña do acontecido en meses previos, a afiliación media á Seguridade Social volveu aumentar e é a máis elevada en década en media. No noso país o incremento foi de 6.740 persoas, unha suba do 0,63% que leva a cira total aos 1,068 millóns, o que supón un aumento do 1,72% interanual. É o mellor abril dende o último antes da caída de Lehman Brothers en 2008.

  Na media estatal, o incremento da afiliación media é do 0,95%. Isto supón superar o fito dos 21 millóns de persoas cotizando á Seguridade Social, un 2,36% máis que un ano antes.

  Os contratos temporais aumentan un 16,55% interanual

  As boas cifras de cotizantes veñen acompañadas, non obstante, dun notable incremento da contratación temporal. Os 37.455 contratos temporais rubricados en Galicia durante o mes de abril supoñen un 16,55% máis que no mesmo mes de 2023 e un incremento superior á media estatal, que quedou no 12,99%.

  Neste aspecto puxo o foco a CIG, que tras analizar os datos indica que o groso do emprego creado é "estacional" e "ligado na súa práctica totalidade ao sector servizos, en especial ao Camiño de Santiago". "Ademais -agrega a central sindical- o 40% das novas afiliacións corresponden a contratos fixos descontinuos".

  No referido á contratación indefinida, os contratos asinados foron 19.000, un 2,67% menos que un ano antes (na media estatal aumentan un 5,41%). "Os contratos indefinidos a tempo completo situáronse no 21% mentres máis da metade son fixos descontinuos ou a tempo parcial, polo que máis da metade ou non traballan todo o ano ou non completan a xornada" e "polo tanto, non ingresan un salario suficiente", analiza a CIG.

  A CIG ve o mercado laboral marcado pola temporalidade, UGT resalta a súa redución grazas á reforma laboral

  A UGT, pola contra, pon o foco no feito de que os contratos indefinidos asinados agora son tres veces máis que os que se rexistraban antes da reforma laboral de 2021. "O emprego continúa crecendo con foza e ségueo facendo a través do contrato indefinido" xa que os devanditos 19.000 contratos son "un 33,66%" do total, mentres que "antes da reforma, esta porcentaxe non superaba o 11,37%".

  Ademais, UGT coida que cómpre ter en conta que "na afiliación, a temporalidade segue en mínimos históricos" ao quedar no 13,52%. "Antes da reforma laboral, a porcentaxe era do 27,14%", resaltan.

  Novo mínimo de inscricións no paro

  Os devanditos datos de emprego correspóndense cun mes no que as inscricións nas oficinas de emprego diminuíron en 2.677 en Galicia (-2,08% e na media estatal, -2,22%), o que deixou o paro rexistrado en 126.334 persoas, outro mínimo dende que hai datos comparables -a serie ten case tres décadas-

  O Goberno galego do PP congratúlase duns datos de paro rexistrado que considera "histórico" mentres a dirección central do PP os atribúe á "maquillaxe"

  Este total de persoas computadas no paro rexistrado son 13.009 menos que un ano antes. Neste caso, a diminución galega é do -9,34% interanual, máis do duplo que a media, situada no -4,37%. O dato foi aplaudido dende a Xunta polo agora conselleiro de Emprego, José González, que se gaba da "cifra histórica", a cal non impide, engade, que haxa que "seguir traballando da man do tecido empresarial para a mellora do mercado laboral e da súa calidade".

  Mentres o Goberno galego se congratula dos datos xerais e aplaude tamén aspectos concretos como que "a cifra de desempregados menores de 30 anos" sexa "a menor nun abril desde que hai rexistros" -contabilízanse por separado dende 2006- e salienta que o número de mulleres anotadas no paro en Galicia "é a máis baixa de toda a serie histórica" (é dicir, dende 1996), dende a dirección central do PP volven falar de "maquillaxe" nas cifras, que aseguran ver marcadas por unha "estacionalidade" que fai que "o 80% do emprego creado se evapore ao desestacionalizar".

  A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, celebrou pola súa banda os rexistros de abril, se ben di evitar o "triunfalismo". "Mentres exista unha familia en España cun dos seus membros no paro, non pararemos", di a vicepresidenta, que sinala entre os obxectivos máis inmediatos a redución da xornada laboral "sen redución salarial".

  Derivado de Praza.

Ver todas las noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados